el livbo

Páginas: 5 (1149 palabras) Publicado: 9 de noviembre de 2013
As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e
prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
A función esencial dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os
membros dunha comunidade e pode concretarse (ou non) noutras máis específicas:
función de identidade, familiar, laboral, local, institucional, cultural e internacional.
Cando algunhadelas é desempeñada por outra lingua falamos de lingua minorizada.
A convivencia lingüística é a situación máis habitual dado que as aproximadamente
5000 linguas coñecidas repártense nuns 200 Estados existentes, mais raramente esta
convivencia é pacífica:
* Nuns casos o poder político e económico impón a súa lingua oficial provocando a
desaparición da lingua autóctona (o caso do latín enGallaecia). É o que coñecemos
como substitución lingüística.
* Noutros casos as dúas linguas conviven, aínda que con usos distintos: unha convértese
en hexemónica (tamén chamada lingua A, dominante ou lingua de cultura) e
desenvolve as funcións socialmente relevantes (institucional, cultural, internacional) e a
outra convértese en lingua minorizada (tamén chamada lingua B, dominada ouidioma
cuberto) e o seu uso fica progresivamente restrinxido a ámbitos orais, coloquiais, etc.
Neste caso falamos de convivencia diglósica e prodúcese un conflito entre as dúas
linguas. No caso da comunidade lingüística galega a convivencia diglósica vénse
producindo desde o século XV.
O conflito lingüístico non é máis que o reflexo das tensións sociolingüísticas que se
producen entre asdúas linguas desde o momento en que a lingua dominada pretende
recuperar os ámbitos dos que foi desposuída pola dominante.
A resolución do conflito só pode ser a substitución lingüística da Lingua B pola
Lingua A, ou a plena normalización lingüística, isto é, coa recuperación pola primeira
dos ámbitos de uso que lle foron arrebatados pola segunda, para o que é necesaria a
lealdadelingüística e o compromiso activo dos falantes así como a implicación no
proceso dos poderes públicos e das institucións culturais e económicas.
Un dos moitos obstáculos no camiño da normalización é a vixencia de determinados
estereotipos e prexuízos lingüísticos que pretenden transmitir a idea de que a lingua
minorizada (o galego no noso caso) non é tan válida para o desenvolvemento como ahexemónica: é propia do mundo rural, non serve para falar das ciencias, non serve fóra
do territorio, o galego normativo é “inventado”, só a falan os de esquerdas... Tamén hai quen supón que se pode dar un bilingüismo harmónico entre as dúas
linguas, unha convivencia pacífica na que cada quen fale o que lle apeteza e domine ben
os dous idiomas, solución utópica que atenta contra o principio deeconomía lingüística
e que acabaría en realidade conducindo á substitución.


TEMA 3.- Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de
normalización.
Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, estas reproducen a xerarquía social
existente dentro dela: unha das linguas -a dominante- vai ocupando progresivamente os
ámbitos da outra -a dominada- e provocando asúa substitución. A esta lingua dominada
ou recesiva (que vai perdendo usos) chámaselle tamén lingua minorizada e é
empregada unicamente nos ámbitos socioculturais máis baixos e ignorada ou
desprezada nos máis elevados, dos que foi desprazada pola lingua dominante
O concepto de lingua minorizada é sociolingüístico e nada ten que ver co de lingua
minoritaria que é só cuantitativo (cantosa usan?). Pode suceder que unha lingua
minorizada sexa a maioritariamente falada na comunidade lingüística (o caso do
galego), ou pode que non.
A complexidade da composición social da poboación en moitas áreas así como os
continuos movementos desta fan imposible un acordo sobre o número de linguas que se
falan no mundo así como sobre o número de falantes de cada unha.
No caso...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS