El Sistema Inmunológico

Páginas: 15 (3678 palabras) Publicado: 14 de marzo de 2013
1.O sistema inmunolóxico:

O sistema inmunolóxico está formado por un conxunto de mecanismos que protexen ao organismo de infeccións por medio da identificación e eliminación de axentes patóxenos. Debido a que os patóxenos abarcan dende virus ata parasitos intestinais, esta tarefa resulta sumamente complexa e as ameazas debe ser distinguidas con absoluta perfección para poder distinguir osvirus e outros parasitos de tecidos normais do organismo. A isto hai que sumarlle a capacidade evolutiva dos patóxenos que lles permite cambiar de forma para poder evitar o sistema inmunolóxico e infectar ao organismo hospedador.

Para protexerse, os organismos vivos desenvolveron varios mecanismos para recoñecer e neutralizar os patóxenos. Estes mecanismos desenvolvéronse de forma máis complexa nosvertebrados , que inclúe a capacidade de adaptarse para recoñecer patóxenos concretos de forma máis eficiente , este proceso crea unha especie de “memorias inmunolóxicas” que permite ao organismo poder brindar unha protección máis eficiente contra estes patóxenos en futuros encontros.

Por pequena que fose, calquera desorde neste complexo sistema pode causar enfermidades de todo tipo. Asenfermidades relacionadas coa inmunodeficiencia teñen lugar cando o sistema inmunolóxico de un individuo e menos activo do normal, dando lugar a infeccións que poden poñer en risco a vida, o mellor exemplo de unha enfermidade que afecte ao sistema inmunolóxico é a SIDA.

1.1Función do sistema inmunolóxico:

A función do sistema inmunolóxico é a de manter aos organismos infecciosos como determinadasbacterias, virus, e fungos lonxe do noso corpo e destruír calquera organismo infeccioso que logre invadir o noso organismo. Aos órganos que forman parte do sistema inmunolóxico chamáselles órganos linfoides, os cales afectan ao crecemento, o desenvolvemento e a liberación do linfocitos.

1.3Actuación do sistema inmunolóxico ante un ataque:

Cando un vaso sanguíneo é lesionado, libéransesustancias que atraen a varios grupos de leucocitos. Estas células teñen cómo función englobar e destruír todos os microorganismos que puidesen ter entrado polo foco de infección. A parte da liberación de leucocitos o noso organismo pode presentar outros mecanismos de defensa como a inflamación e o aumento de temperatura do foco de infección, estes mecanismos secundarios son innatos e actívanse domesmo modo independentemente do microorganismo patóxeno que invadise o corpo.

Estes mecanismos de defensa que nos son innatos son útiles na meirande parte dos casos. Pero podemos atopar patóxenos que se expandan rapidamente dende o foco de infección ou que se camuflen entre as células do noso organismo e que pasen desapercibidos. Cando os axentes patóxenos superan esas barreiras inespecíficasponse en marcha o sistema inmunolóxico que está formado por dous tipos de células, os linfocitos e os anticorpos. Ambos usan o sistema circulatorio o e linfático para transportarse a través do organismo, cando se detecta a entrada de un axente patóxeno no organismo os linfocitos abandonan o sangue e acoden ao órgano afectado, unha vez se solucione o problema volven a través da linfa de novo aotorrente sanguíneo.

Os anticorpos son producidos como resposta a presenza de un antíxeno(calquera substancia externa ao corpo capaz de producir unha resposta inmune), circulan polo sangue e penetran nos fluídos corporais onde se unen ao antíxeno que provocou a súa liberación. Ao unirse ao antíxeno ocorren unha serie de procesos que son capaces de neutralizalos e eliminalos.

1.4Vacinas e soros:Aínda que o noso sistema inmunolóxico parece preparado par loitar e eliminar células externas ao corpo, as enfermidades infecciosas seguen sendo unha das principais causas de morte, para intentar frear isto prepáranse vacinas, que son preparados constituídos por microorganismos no virulentos, mortos o por moléculas desprovistas de toxicidade. Obtéñense a partir de microorganismos ou outros...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Sistema Inmunologico
  • Sistema Inmunologico
  • Sistema inmunologico
  • Sistema inmunologico
  • Sistema inmunologico
  • Sistema inmunologico
  • Sistema Inmunologico
  • Sistema Inmunologico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS