Franquismo

Páginas: 9 (2020 palabras) Publicado: 21 de marzo de 2013
A instauración e institucionalización do Franquismo
Coa vitoria do bando nacional na Guerra Civil comeza en España un rexime
ditatorial dirixido por un dos militares sublevados en xullo de 1936,
Francisco Franco.
O franquismo é un réxime que se autodefiniu como unha democracia
orgánica, e é considerado polos historiadores como unha ditadura persoal
dun militar con fundamentación ideolóxicano pensamento conservador e
católico español, incorporando elementos do fascismo italiano de Mussolini.
Estaban en contra do que eles consideraban como os grandes males de
España: a democracia, o liberalismo “Á irresponsabilidade política dos
partidos liberais” (Doc.1), marxismo “Correspóndenos a paladinaxe dunha
fe, unha civilización e unha cultura gravemente ameazadas polos principiosroxo-comunistas (...)”(Doc.1), masonería, laicismo e descentralización.
O novo réxime caracterizábase por ter un mando único e indiscutible (dado
polo BOE) “a un Estado neutro e sen ideais, sustitúelle o misional e
totalitario” (Doc.1), orde e obediencia á autoridade, imposición dos valores
castrenses (valor, disciplina, honor e lealdade) e católicos (familia e
sacrificio) , unidade da patria“Hai que soldar ó pobo, dividido polos
partidos, hai que unir medio século de separacións” (Doc.1), nacionalismo
español, ferreo control dos opositores e mantemento do tradicionalismo en
costumes e símbolos; como o saudo romano, a bandeira (tres franxas
horizontais vermella-amarela-vermella;e a segunda igual de grande ca
suma das outras dúas), o himno nacional (Marcha de Granaderos), a moeda(peseta) e a indumentaria.
Dentro do franquismo atopamos distintas tendencias: falanxistas, carlistas e
monarquicos. Todos estaban agrupados nunha soa formación autorizada: o
Movemento Nacional. Os sindicatos de clase foron suprimidos “hai que
borrar osprexuízos da loita de clases” (Doc.1), creándose unha organización
única para obreiros e patróns: o Sindicato Vertical. O adoutrinamento daxuventude faciase mediante a OXE e as mulleres estaban agrupadas na
Sección Feminina.
A concreción legal do réxime foi lenta e estivo articulada arredor dunhas leis
ás que, no seu conxunto, se lles daba un carácter constitucional como
normas básicas de organización do Estado: as Leis Fundamentais. Foron
sete, e diferenciase nelas as de carácter dogmático e as de tipo orgánico.
Francisco Franconaceu en Ferrol nunha familia de clase media. Foi a Africa
pola posibilidade de ascender rápido, e isto costoulle graves feridas de
guerra. Casouse con Carmen Polo, unha aristócrata, e tivo unha filla.
Concentrou tódolos poderes do Estado, que lle foran concedidos pola Xunta
de defensa durante a Guerra Civil. Nun primeiro momento non existia
limitación para o seu poder “Continuando na Xefaturado Estado a suprema
potestade de dictar normas xurídicas”(Doc.3), pero posteriormente
precisaronse as súas funcións de forma legal.
Franco era de formación católica, anticomunista e monarquico, polo que
definiu España como un reino e estableceu que a xefatura de Estado sería
ocupada por un rei designado por el mesmo á súa morte.

Contou co apoio do exercito, que se converteu na baseestrutural do seu
réxime. Ademais de defender o territorio, defendian a integridade da patria,
a orde pública e ao réxime fronte aos comunistas e aos separatistas.
Unha das peculiaridades do franquismo foi a definición de España como un
reino, no que Franco era o xefe de Estado, e que polo tanto, non tiña rei ata
que Franco morrese.
O fillo de Alfonso XIII, Don Xoan de Borbón, reclamou o trono quelle
correspondía a Franco, pero mentres que o ditador defendía a instauración
dunha monarquía baseada nos principios do réxime, Xoan de Borbón quería
a restauración da monarquía borbónica.
As relacións fóronse deteroriando ata que en 1969 Franco cedeulle a
sucesión ao seu fillo, Xoan Carlos, con quen todo quedaba atado e ben
atado.
A doutrina oficial do réxime franquista baseouse no...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo
  • El Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS