Franquismo

Páginas: 23 (5703 palabras) Publicado: 10 de abril de 2013
BASES E APOIOS DA DITADURA FRANQUISTA
A ditadura franquista pódese cualificar como a ditadura persoal dun militar que tuvo a súa fundamentación ideolóxica no
pensamento conservador e católico español, e que incorporou elementos procedentes do fascismo italiano.
Inicialmente, os militares sublevados fronte á Segunda República estaban unidos unicamente contra a democracia, o liberalismo ,
omarxismo, o laicismo… Foi durante a Guerra Civil cando se perfilaron os trazos do novo réxime, en gran medida obra pe rsoal
de Francisco Franco Bahamonde, xefe supremo desde outubro de 1936.
Todos os grupos políticos que apoiaban o réxime franquista foron agrupados nunha única formación autorizada: o Movemento
Nacional. Os sindicatos de clase foron suprimidos, creándose u nha organización únicapara obreiros e patróns: o Sindicato
Vertical. A poboación feminina e xuvenil foi encadrada en diversas organizacións con fins de adoutrinamento nos valores do
réxime: a Sección Feminina e a Organización Xuvenil Española. Ademais ado ptáronse formas externas identificativas: camisa
azul, brazo en alto para saudar, cantos e marchas patrióticos, expresións de apoio ao caudillo…

LEIS FUNDAMENTAISA concreción legal do réxime franquista foi lenta e estivo articulada arredor dunhas ás que s e lles daba un carácter
constitucional como normas básicas de organización do Estado: as Leis Fundamentais. Atendendo ao seu contido diferéncianse
dous grupos: de carácter dogmático e de tipo orgánico.
DATA
1938

PARTE DOGMÁTICA (principios ideolóxicos)
Foro do traballo: regulamenta o mundolaboral; complementado en
1940 coa Lei de Unidade Sindical.

1942
1945

Foro dos Españois: táboa de dereitos e deberes, a modo de Carta
Outorgada; quedaban rexistrados na lei, pero non garantidos na
práctica.

1947

1958

PARTE ORGÁNICA (principios organizativos)

Lei de Cortes: creaba as novas Cortes orgánicas con función deliberante e
consultiva.
Lei de referendo: daba participacióná opinión pública para sancionar as
leis que decidía o xefe do Estado.
Lei de sucesión: España quedaba definida como un reino; Franco era
ratificado como xefe do Estado, establecendo os mecanismos para elixir o
sucesor a título de rei.

Lei de Principios do Movemento: establecía os principios
inmutables e permanentes do réxime: unidade de España,
catolicismo, e unidades naturais da vidasocial: familia, municipio e
sindicato.

1967

Lei Orgánica do Estado: compendio definitivo da democracia orgánica,
síntese e actualización das anteriores.

FRANCO, CAUDILLO DE ESPAÑA
Franco concentrou na súa persoa todos os poderes do Estado, poderes que lle foran concedidos polos seus compañeiros
militares da Xunta de Defensa durante a Guerra Civil. A imitación doutros ditadoreseuropeos da época, recibiu o nome de
Caudillo de España e foi considerado o símbolo e encarnación da vontade da nación española. A Lei Orgánica do Estado de 1967
precisou as funcións do xefe do Estado e do xefe do Goberno, que ata entón foran exercidas por Franco.
As limitacións legais ao poder de Franco eran poucas, pero existían algunhas derivadas da propia formación do ditador: católico,
polo quese sometía á doutrina da Igrexa; anticomunista, aliándose co país que en cada momento liderase o anticomunismo no
mundo; e monárquico, polo que definiu a España como un reino e establece u que a xefatura do Estado sería ocupada, á súa
morte, por un rei que el designase.
Franco exerceu o seu poder contando sempre co apoio do exército. Aos militares correspondíalle non só a defensa do territorio,
senón a defensa da integridade da patria, da orde pública e do réxime fronte aos seus inimigos internos. Foi unha personalidade
complexa valorada de modo moi diferente, pero todos coinciden en resaltar como trazo básico do seu carácter, a lentitude en
tomar decisións.

UN REINO SEN REI
Unha das peculiaridades do franquismo foi a definición de España como un reino, pero no que Franco...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo
  • El Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS