Franquismo

Páginas: 7 (1730 palabras) Publicado: 26 de abril de 2014
Examen Setembro 2008. Opción 2
No contexto do goberno da Fronte Popular na II Republica, e tras a derrota das dereitas e o medo a revolución social, producíuse a elaboración de proxectos golpistas de carácter militar, ca intención de acabar co Goberno de Esquerdas. O encargado de levar a cabo este alzamento militar foi Emilio Mola, quen elaborouun plan que consistía primeiro en sublevarse sería o exército de África, e posteriormente producirianse levantamentos progresivos na Península.
Pero todos estes levantamentos non se levaron a cabo, posto que nalgunhas zonas non tiveron éxito, debido ao dominio das Forzas Republicanas. Así produciuse a división de España en dous bandos: uns os chamados azuis, nacionais ou fascistas; e outroschamados vermellos, antiespañois ou comunistas. Deste xeito o 17 de Xullo de 1936, as tropas españolas de Marrocos subleváronse contra o Goberno Republicano, e ao día seguinte, 18 de Xullo, realizouse na Península, dando lugar asi a Guerra Civil Española (1936-1939).
Ambos bandos recibiron cadanseu apoio: a favor da Republica estiveron a maioría dos xenerais do exército, asi como as masas obreirasurbanas e a pequena burguesía urbana; e a favor dos sublevados estiveron os oficiais intermedios do exército, as masas católicas e conservadoras (CEDA, monárquicos, carlistas, falanxistas), e tamén os pequenos e medianos propietarios agrícolas, asi como, contaron co apoio internacional por parte de Italia e Alemaña.
Durante o transcurso da Guerra Civil, produciuse a evolución militar e política dogrupo dos sublevados, a diferencia do bando republicano. Os militares sublevados crearon a chamada Xunta de Defensa Nacional en Burgos, que estaba presidia polo xeneral Cabanellas, e o seu principal obxectivo era a coordinación militar das columnas militares e civís, baixo un único mando, o de Francisco Franco Bahamonde. A concentración do poder na súa persoa débese: a morte de Sanjurjo (1936) ede Mola (1937) en dous accidentes; o éxito de xestión con Alemaña e Italia; e co encarceramento ou fusilamento de Xose Antonio Primo de Rivera (1936).Desta maneira, Franco converteuse en xefe do Estado e xeneralísimo dos exércitos. Ademais, crease unha Xunta Técnica como modo de goberno, constituida por militares e civís.
En Xaneiro de 1938, Franco, apoiado no partido único, na igrexa e noexército, organizou o primeiro goberno do novo Estado, que se fora perfilando durante a guerra e que tiña como principios básicos: autoridade, xerarquía e orde, ademais de unidade, uniformidade na lingua, sindicatos de clases suprimidas, catolicismo, tradicionalismo...
No contexto deste goberno, presentase a instauración dunha ideoloxía dun réxime autoritario, no que Franco da un discurso en 1938 enconmemoración do “Alzamento Nacional” (doc. 1). Nel realizase a defensa da fé católica (“paladinaxe dunha fé”), polo que se produce unha simbiose entre Franco e a Igrexa, é dicir, producese unha alianza entre os sublevados e a Igrexa Católica, que xustifica o levantamento, a guerra e o exterminio dos Republicanos; establecendo así o nacionalcatolicismo (“unidade da nosa cruzada”). Outra dascaracterísticas que se defenden, e o totalitarismo (que se establece tras a asinación do decreto de Unificación (1937) polo cal se considera un único partido, F.E.T y de las Jons, baixo o mandato de Franco), mediante o cal manifestan o anticomunismo (“...ameazada polos principios roxo-comunistas...”) e antisocialismo (“hai que borrar os prexuízos da loita de clases”) para construir un estado totalitario (“aun Estado neutro e sen ideais, substitúeo o misional e totalitario”), baixo a orde do “caudillo”, que ten como misión “orienta ao pobo sinalandolle o camiño”. A parte do antisocialismo e comunismos, tamén defende o antiliberalismo (“Irresponsabilidade politica dos partidos liberais”), polo que considera que “hai que soldar ao pobo dividido polos partidos; hai que unir medio século de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo
  • El Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS