galego- morfoloxía

Páginas: 6 (1329 palabras) Publicado: 9 de abril de 2014
PRIMEIRA PARTE


PALABRA BASE

Definición

Unidade abstracta que reúne o que teñen en común os distintos membros dun paradigma flexivo.


Exemplo

Limpou a casa.


Explicación

¨limpou¨é unha forma do verbo limpar. ¨Limpar¨ é a palabra base de ¨limpou¨.


Exercicio

Cal é a palabra base de ¨apostoulles¨? Xustifica a túa resposta.


Resposta

A palabra base é¨apostar¨ porque ¨apostoulles¨ é unha forma de ¨apostar¨.


PALABRA DO DISCURSO

Definición

Cada unha das realizacións concretas dunha palabra base.


Exemplo

Vou, viñen, vas


Explicación

Estas tres formas son realizacións do verbo ¨ir¨.


Exercicio

Dí cantas palabras do discurso hai na frase: Estaba sentada tranquilamente.

Resposta

Nesta frase hai tres palabras do discurso,é dicir, tres realizacións concretas de palabras base.


MORFEMA

Definición

Cada unha das unidades mínimas compostas de significante e significado que conforman as palabras.


Exemplo

Cheas

significante
/che/
/a/
/s/
significado
estar completo, non haber máis sitio
feminino
plural


Explicación

Cada un dos elementos /che/, /a/, e /s/, son morfemas, xa que teñensignificante e significado e xuntos formas a palabra ¨cheas¨.


Exercicio

Realiza o mesmo cadro do exemplo coa palabra cans

significante
/can/
/s/
significado
animal mamífero cánido
plural


Resposta

/can/ e /s/ son os significantes de animal mamífero cánido e plural respectivamente, e xuntos forman a palabra ¨cans¨. /can/ e /s/ son morfemas.


ALOMORFO

Definición

Cadaun dos morfos que serven de expresión a un mesmo morfema.


Exemplo

¨imposible¨ e ¨irrealizable¨


Explicación

Nestas dúas palabras, as formas ¨im¨ e ¨i¨ son alomorfos xa que teñen o mesmo significado, algo que non se pode levar a cabo.

Exercicio

Busca unha parexa de palabras que presenten alomorfos e explica o seu significado.


Resposta

Viral e pastoril. Nestas dúaspalabras, os sufixos ¨al¨ e ¨il¨ son alomorfos, xa que os dous significan ¨relativo a¨. Son formas diferentes que expresan o mesmo.


PARASÍNTESE

Definición

Prodúcese sufixación e prefixación ó mesmo tempo, sen proceso escalonado.


Exemplo

Internacional


Explicación

En ¨internacional¨ atopamos o prefixo ¨inter¨ e o sufixo ¨al¨ ó mesmo tempo.


Exercicio

Busca unhapalabra que presente parasíntese e xustifica a túa resposta dando o significado de cada un dos seus afixos.


Resposta

Intravenoso. Presenta o prefixo ¨intra¨, que significa que vai por dentro ou no interior, e o sufixo ¨oso¨ que se refire a unha característica ou que pode expresar tamén ¨relatividade a¨.


RAÍZ

Definición

Morfema central da palabra común a unha familia léxica e quecontén o seu significado léxico básico, que se pode ver modificados por outros morfemas.


Exemplo

só: sóa, soidade, soliloquio


Explicación

O morfema central en todas esas palabras es ¨so¨, que significa estar sen ningunha compañía, e todas as palabras que se derivan del recollen a mesma idea. É dicir, ¨so¨ é a raíz da palabra, xa que é común a toda a familia léxica de ¨só¨ e contén oseu significado léxico básico.


Exercicio

Busca a raíz destas palabras: linguaxe, lingua, lingüística, e xustifica a túa resposta.


Resposta

A raíz é ¨ling¨ que significa lingua porque é o morfema central desa familia léxica e contén o significado léxico básico.


AFIXO

Definición

Morfema non libre, ligado, que non pertence a unha clase de palabras determinada, e que nonpode combinarse con elementos do seu mesmo tipo para formar palabras. Poden ser derivativos (únense ás raíces, directamente ou non, para modifica-las semánticamente), ou flexivos (únense a palabras e dan lugar a palabras flexionadas).


Exemplo

Afixo derivativo: intelixencia/intelixente

Afixo flexivo: bonito/bonita


Explicación

No caso de bonito/bonita, o flexivo ¨o¨ ou ¨a¨...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • morfoloxia galega
  • Repaso De Morfoloxía De Galego, Tema 6
  • Galego
  • Galego
  • Galego
  • GALEGO
  • Fol01 Galego
  • Lingua Galega

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS