galego

Páginas: 75 (18734 palabras) Publicado: 5 de febrero de 2014
BLOQUE I.
FILOSOFÍA ANTIGA I.
PLATÓN E O NACEMENTO DA FILOSOFÍA

1.- ANTECEDENTES PRESOCRÁTICOS, A SOFÍSTICA E SÓCRATES.
2.- PLATÓN.

1

1.- ANTECEDENTES PRESOCRÁTICOS, A SOFÍSTICA E SÓCRATES.
Introdución histórica:
A orixe do pobo grego, ao igual que o romano, non parte de ningunha unidade familiar ou tribal, senón da
confluencia de diversos pobos ao redor de intereses estratéxicose comerciais. Grazas ao que a evolución da cultura
grega viuse libre das guerras tribais e raciais, frecuentes no veciño Oriente Medio. O mundo grego foise artellando
sobre a identidade dunha lingua común e duns deuses colectivos.
A diferenza da cultura exipcia, os gregos carecían de textos sagrados custodiados por unha casta
sacerdotal, que vixiara o cumprimento dunha ortodoxia, o quefavoreceu a liberdade de pensamento e o nacemento
da filosofía. O eido da divinidade era transmitido oralmente e con múltiples variacións locais, polos aedos que
recitaban nos pobos os mitos de memoria. Sobre a base desa transmisión oral da mitoloxía, Homero e Hesíodo
escribiron as súas obras converténdose nos auténticos educadores de Grecia.
A visión do mundo que nos transmiten os mitos gregos nonestablece separacións entre o divino e o
natural. Alí onde se manifestaba unha forza da natureza, vían os antigos gregos un deus (Zeus, Eolo, Poseidón...).
Ao contrario que na cosmovisión cristiá, o mundo non é creado, senón eterno. Tan absurdo sería preguntarlle a un
grego quen creou o mundo como a un cristián quen creou a Deus. Na Ilíada Homero afirma que todos os deuses
proceden do Océano, ena Teogonía Hesíodo converte ao Ceo e á Terra na primeira parella de deuses. Exemplos
claros de que nesa cultura non se vía o divino como algo sobrenatural no sentido cristiá, senón como algo
inseparable da natureza.
A sociedade grega primitiva tiña un carácter rural, guerreiro e aristocrático, o que implica unha
determinada estrutura social e unhas determinadas ideas morais. Estaba dominadapor unha nobreza terratenente
posuidora dos bens materiais, cabalos e armas. A outra clase social estaba constituída polo pobo que realizaba
traballos agrícolas e gandeiros. Os valores desa sociedade aristocrática eran aprendidos polos gregos dos poetas,
especialmente Homero, que aportaban unha concepción moral e teolóxica, na que a organización dos deuses e as
súas condutas reflectían efixaba a moral aristocrática e os seus códigos, logo criticada polos filósofos, e
transmitían tamén o que en realidade sabían, ou crían saber, sobre historia, xeografía, navegación...
A partir do século VII a. C. o exceso de poboación e o insoportable endebedamento dos máis pobres coa
aparición da moeda, impulsou un movemento migratorio á busca de terras libres que cultivar. Deste modo a culturagrega foise estendendo ao longo do Mediterráneo en forma de colonias, fundando cidades (Pólis) con leis e poder
político autónomo. Nelas desenvolveuse especialmente unha próspera clase de comerciantes e artesáns
desconformes coa concentración de poder político en mans da nobreza terratenente. As devanditas condicións
socioeconómicas favoreceron que a filosofía se desenvolvese inicialmente nascolonias. É por iso que, antes de que
Atenas se convertese no centro da filosofía durante o período clásico (ss. V-IV a. C.), os principais
desenvolvementos do pensamento grego tiveron lugar, a finais do período arcaico (ss. VIII-VI a. C.) nos dous
territorios a ambos lados da península helénica: en Xonia (Asia Menor, zona oeste da actual Turquía) e na Magna
Grecia (ao sur de Italia). Tamén cabedestacar Alexandría en Exipto, durante o período helenístico, que
comprende dende a morte de Alexandre Magno (323 a. C.) ata a incorporación de Exipto ao Imperio Romano (31
a. C.).
Os continuos intercambios comerciais e as viaxes abriron a mente grega a novas formas de vida e
coñecementos. Demandáronse novas formas de xustiza e dereito como base dos intercambios comerciais, fronte
aos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Galego
  • Galego
  • GALEGO
  • Lingua Galega
  • morfoloxia galega
  • Fol01 Galego
  • Literatura Galega
  • galego- morfoloxía

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS