historia de españa

Páginas: 100 (24817 palabras) Publicado: 13 de diciembre de 2013
201 ANOS DE HISTORIA DE ESPAÑA


1808-2009

A GUERRA DA INDEPENDENCIA
1808-1814


1. Precedentes

Tratados hispanofranceses: son continuadores dos pactos de familia entre os borbóns, rotos trala Revolución Francesa e reiniciadas en 1795 coa Paz de Basilea. En 1807, Godoy e Napoleón asinan o Tratado de Fontainebleau, polo que se repartían Portugal, e España se comprometía a permitir opaso das tropas francesas polo seu territorio. Con todo, unha vez estiveron en España, as tropas franceses non proseguiron o seu avance.

Motín de Aranjuez: un grupo de nobres encabezados polo príncipe, Fernando VII, preocupados pola ocupación francesa e polo rumor de que Godoy planeaba levar á familia real ás Américas, organizaron unha revolta no Palacio de Aranjuez. O obxectivo desta era adimisión de Godoy e a abdicación de Carlos IV.

As abdicacións de Bayona: Carlos IV pídelle a Napoleón que interceda entre o seu fillo e el. Así, este convoca a Fernando VII e o pai en Bayona, onde obriga a Fernando VII a abdicar en favor do seu pai, e, a este, en favor de si mesmo. Finalmente, Napoleón nomea rei de España ó seu irmán José I, quen intentará aplicar unha política liberal.


2.Evolución bélica da guerra

Entre as tácticas bélicas, cabe sinalar o exército convencional, aínda que a máis importante de todas foi a guerrilla, que foi empregada, por primeira vez neste conflito. Consistía en que un grupo de combatentes, coñecedores do terreo, hostigasen o exército francés na súa retagarda.

A primeira fase da guerra, abrangue ata 1812. Nela, a pesar da vitoria do xeneralCastaños en Bailén, deuse un dominio francés no terreo, coa presenza de Napoleón na península.

Entre 1812 e 1814 o exército británico encabezado por Wellington desembarca na península, iniciando unha ofensiva, xunto ás tropas españolas ata facer retroceder os franceses, tralas vitorias de Arapiles, Vitoria e San Marcial.

O remate da guerra chegará coa Paz de Valençey, que supón a paz co imperiofrancés e a liberación de Fernando VII. Finalmente, Napoleón será vencido en 1815, en Waterloo.


3. Aspecto revolucionario da guerra

O 2 de maio de 1812 produciuse o levantamento do pobo de Madrid contra os franceses. O día seguinte, serán fusilados os responsables deste. O revolucionario deste levantamento consiste en que é o pobo quen asume a responsabilidade de expulsar os franceses (opobo asume a soberanía).

Tralo levantamento (entre maio e agosto), fórmanse en tódalas provincias as Xuntas Provinciais de Defensa, as cales se conformaron coma poder paralelo a José I, sen o recoñecer coma rei. As Xuntas, marcarán os límites do seu poder e declararán a guerra á Napoleón.

En setembro de 1808, co galo de mellorar a coordinación entre tódalas Xuntas Provinciais de Defensa,créase a Xunta Suprema Central, presidida polo Conde de Floridablanca. Esta nova institución, situada en Cádiz, asumirá as seguintes competencias: asumen a rexencia e a soberanía nacional en ausencia de Fernando VII; fomentan a creación de novas xuntas, dirixen os asuntos públicos e combaten os franceses.

En xaneiro de 1810, a Xunta Central se disolve e se constitúe unha rexencia que terá comaprincipal función convocar Cortes Constituíntes. Estas podían ser similares as do Antigo Réxime, ou liberais e representativas. Finalmente, optouse polo segundo tipo. Jovellanos foi o responsable da convocatoria destas.


Tendencias políticas das Cortes de Cádiz

AFRANCESADOS: colaboran co réxime de Bonaparte, polo que carecen de representación nas Cortes. Consideran que a monarquía liberal deJosé I podía facer progresar o país. Algúns deles son Cabarrús, Meléndez Valdés, Marchena...etc.

PATRIOTAS: opúñanse ó réxime francés, contra o que loitaban belicamente. Distinguimos entre absolutistas, jovellanistas e liberais.


Obra lexislativa das Cortes de Cádiz1

En 1810 se promulga un decreto (24/9), que pon fin ó Antigo Réxime, declarando as Cortes lexítimas depositarias da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Historia De España
  • Historia de españa
  • historia de españa
  • historia de españa
  • Historia de españa
  • Historia De España
  • Historia De España
  • Historia De España

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS