Historia de España

Páginas: 38 (9370 palabras) Publicado: 5 de febrero de 2014
 Temas 1 y 2
Substratos sobre os que se asenta a idea e o territorio de España.
1. Idade antiga.
Nesta idade entramos na historia, pola aparición da escritura. É un período dominado abrumadoramente pola romanización, é dicir, un fenómeno de aculturación latina derivado da integración de e Hispania (península) no imperio románico (século I a.C – século V).
2. Idade media.
Alta Idade Media(ata o século X): Nun primeiro momento o territorio repártese entre dous reinos de pobos xermánicos: o Reino Suevo no noroeste da península, o que hoxe sería Galicia ata a rexión miñota portuguesa e o Reino Visigodo, coa capital en Toledo, ocupando o resto peninsular. A finais do século VI, este reino absorbe ao suevo, facéndose co control de practicamente toda a península.
Os visigodospracticaban a “herexía arriana” ata que finalmente se converten ao catolicismo, que deste xeito se consolida na península.
Finalmente o Reino Visigodo cae en liortas internas que o debilitan e o levan a desaparecer no ano 711 cando chegan os musulmáns á península por Xibraltar (século V – século VIII).
Al-andalus foi o territorio musulmán que controlou gran parte do territorio peninsular dende a capitalpolítica e cultural, Córdoba, entre o 711 e 1492 (século VIII – século XV). En 1492 o Reino Nazarí, o reino de Granada, foi derrotado polos Reis Católicos, desaparecendo así o último resto de poder político musulmán.
Baixa Idade Media (século XI – século XV): a medida que os reinos cristiáns do norte ocupan o sur peninsular, conquistando territorio anteriormente de Al-andalus, o que vai permitira configuración de tres grandes entidades políticas como foron os reinos de Portugal, Castela e a Coroa de Aragón, á vez na contorna dos Pirineos occidentais atopamos outro reino poderoso, Navarra. No século XV, Al-andalus quedou reducido ao Reino Nazarí, de Granada antes de ser derrotado polos Reis Católicos. Nese momento da Idade Media remata Al-andalus.

Tema 3
Reis Católicos. A monarquíahispánica e o Antigo Réxime.
1. Introdución.
Os reis Católicos supoñen a fin da Idade Media, o inicio da Idade Moderna e a configuración do Antigo Réxime. Nese momento aglutínase un territorio máis ou menos definitivo do que se chamará España ata o territorio actual.
Foi posible:
1) Pola derrota Nazarí en Granada (1492), último territorio islámico da Península (de Al-andalus) (711-1492).
2) Aunión matrimonial do Reino de Castela (Isabel I) e a Coroa de Aragón (Fernando II) en 1469. Esta unión matrimonial e territorial non supón a homoxeneización dos reinos, xa que seguiron mantendo institucións, leis e cultura.
3) Castela foi o resultado da absorción de Antigos reinos occidentais nacidos no norte (Asturias, León, Galicia…) a Coroa de Aragón resultaba da suma dos reinos orientais quenon perden a condición de reino (Reino de Aragón, Condado de Barcelona, Reino de Valencia e de Mallorca). O Reino de Navarra integrouse na monarquía hispánica en 1512, xa morta a raíña Isabel. O Reino de Portugal consolidou a súa independencia á marxe da monarquía hispánica.
4) A monarquía hispánica identifícase co catolicismo, prohibíndose as outras relixións significativas da península, así seentende a persecución dos moriscos (musulmáns convertidos ao catolicismo) ou a expulsión dos xudeus que tivo lugar en 1492. E persecución dos xudeus convertidos (conversos) alcumados como “marranos”.
5) A expansión marítima da monarquía tivo dúas direccións:
O atlántico por iniciativa da coroa de Castela (conquista de Canarias, chegada a América (Colon – 1492)…).
Polo mediterráneo é por impulsodos aragoneses e cataláns a expansión alcanzou o sometemento do Reino de Nápoles e Sicilia.
2. Características da monarquía dos Reis Católicos.
A voda dos reis Católicos representou a unión dinástica entre coroas, pero non a completa unificación política, posto que mantiveron diferenzas lexislativas, políticas e culturais polo menos ata comezos do século XVIII xa coa dinastía Borbónica. A súa...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Historia De España
  • Historia de españa
  • historia de españa
  • historia de españa
  • Historia de españa
  • Historia De España
  • Historia De España
  • Historia De España

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS