Historia

Páginas: 5 (1092 palabras) Publicado: 1 de septiembre de 2013
HISTORIA 1º BAC
1ª Parte.
Openfield: tamén chamados campos abertos, eran grandes extensións de terreo sen valos, que podían ser de propiedade individual ou colectiva.
Domestic system: sistema de traballo a domicilio en que un artesán e a súa familia traballaban na casa con maquinaria e materia prima proporcionada por un empresario comerciante.
Estamento: cada un dos grupos sociais en que sedividía a sociedade do Antigo Réxime.
Privilexio: os privilexios consistían na exención de obrigacións (impostos) e o dereito a vantaxes exclusivas.
Absolutismo: forma de goberno en que o poder supremo está en mans dunha soa persoa chamada rei, soberano, emperador, monarca u príncipe.
Motín do té: rebelión onde uns mozos disfrazados de indios lanzaron ao mar cargamentos de té que a compañíatiña nos barcos do porto desa cidade (Boston), e o goberno inglés respondeu cerrando o porto.
Estados Xerais: asemblea que representaba os tres estamentos da sociedade francesa do Antigo Réxime (nobreza,clero e terceiro estado).
Santa Alianza: orixinouse tras a derrota de Napoleón, tratábase dunha coalición entre Rusia,Prusia e Austria, o seu obxectivo era o mantemento do absolutismo e a defensafronte á ameza liberal.
Nacionalismo integrador: pretende a unificación nacional dos pobos que contan con características comúns.
Espírito Romántico: movemento cultural orixinado en Alemaña e no Reino Unido a finais do século XVIII.
Socialismo marxista: teoría e práctica política creada por Marx e Engels no Manifesto Comunista e en El Capital. No marxismo a propiedade está en mans do Estado.Anarquismo: doutrina política formulada por Joseph Proudhon a mediados do século XIX e desenrolada por Bakunin posteriormente. Rexeita o Estado como institución e considera a propiedade un roubo. O obxectivo da loita colectiva é conseguir a liberdade individual.
Era vitoriana: período no que o Reino Unido alcanzou a máxima expansión territorial, consolidou o seu desenvolvemento industrial e mantivoas institucións tradicionais baseadas na monarquía parlamentaria.
Bonapartismo: política adoptada por Napoleón III, que entendía o poder como autoritario, aínda que por delegación popular.
Diplomacia secreta: forma de diplomacia que pervivíu ata a Primeira Guerra Mundial, na que se consideraba normal e desexable que os compromisos, acordos e pactos entre estados soberanos non foran coñecidosnin polos outros estados nin pola opinión pública interna.
Rev. Meijí: cadea de eventos que conduciron a un cambio na estrutura política e social de Xapón no período comprendido de 1866 a 1869.
Darwinismo social: é unha teoría social inspirada na teoría de Charles Darwin da evolución pola selección natural, pero aplicada á dinámica das sociedades.
Colonia: territorio no que a poboación indíxenaestaba totalmente sometida á potencia colonial, que implantou un goberno e unha administración totalmente europeos.
Protectorado: territorio colonial onde xa existía un Estado soberano coa súa propia estrutura e cultural.
Doutrina Monroe: doutrina aparentemente antiimperialista, segundo a cal ningún Estado europeo tiña o dereito a estender o seu dominio sobre América.
2ª Parte.
Paz armada:aínda que foi un período de paz, os países europeos rearmáronse e organizaron dous bloques de alianzas, estes bloques acaban enfrontándose na primeira guerra mundial.
Guerra de movementos: é unha fase da Primeira Guerra Mundial levado a cabo por Alemaña que pretendía derrotar a Francia para posteriormente centrarse en Rusia, mediante unha estratexia de desprazamentos rápidos de material e de tropas.14 puntos Wilson: creados polo presidente dos EEUU, Wilson, no ano 1918 co fin de alcanzar unha paz xusta e duradeira e arranxar os problemas en Europa. Estes puntos non foron respetados.
Tratado de Versalles: foi tratado de paz firmado polas potencias europeas que puxo fin oficialmente a Primeira Guerra Mundial, despois de 6 meses de negociación na cidade de París.
Sociedade de nacións:...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La historia de la historia
  • historia de la historia
  • Historia de la historia
  • La historia de la Historia
  • la historia de la historia
  • historia de la historia
  • el historiador y la historia
  • Historia de la no historia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS