Historia

Páginas: 10 (2319 palabras) Publicado: 23 de abril de 2014
ARISTOTELES ( -384,-322 )
1.Contextualizacion do autor.
Aristóteles o gran filosofo naceu en Estaxira, no ano -384 ou no -383. Cando ten dezasete anos, no
trasladouse a Atenas onde agregouse á Academia de Platón onde ía permanecer vinte anos.
Aristóteles atravesou por unha fase profundamente platónica antes de desenvolver as súas propias
concepcións filosóficas, asumindo como propia, ateoría das Ideas de Platón, antes de que
procedera á súa crítica. Á morte de Platón, Espeusipo, sobriño de Platón, fíxose cargo da dirección
da Academia, xa fose por nomeamento directo deste ou ben por decisión dos seus condiscípulos,
imprimíndolle unha orientación de carácter máis especulativo e místico-relixioso ás actividades da
Academia, o que non foi do agrado de Aristóteles quen a abandonou.Aristóteles dirixiuse entón,
en compañía de Xenócrates, a Assos, onde funda unha sección da Academia que el mesmo dirixiu
durante tres anos. Foi alí probablemente onde comezou a desenvolver as súas propias opinións,
contrarias á teoría das Ideas. Tres anos despois, trasladouse a Mitilene, entrando alí en relación con
Teofrasto, que posteriormente sería o máis salientado discípulo e continuadorda obra de Aristóteles
. Alí continuou coa súa actividade filosófica ata que no ano 343 chamouno Filipo de Macedonia
para que se fixera cargo da educación do seu fillo Alexandre, o futuro Alexandre Magno, que tiña
entón trece anos. Alí permaneceu sete anos,cando Alexandre subiu ao trono, regresando entón
Aristóteles a Atenas. Unha vez de volta en Atenas, no ano 335, fundará a súa propiaescola, o
Liceo, unha comunidade filosófica ao estilo da platónica, que se chamou así por estar situada dentro
dun recinto dedicado a Apolo Likeios. Ademais contaba cun xardín e un paseo do que os
aristotélicos recibirán o nome de peripatéticos. Neste período Alexandre Magno fixo as súas
campañas militares que tiveron como unha das súas consecuencias a unificación da Hélade, coa
conseguinte perdade autonomía política das cidades estado, entre as que se contaba Atenas. O feito
de que Aristóteles fora o seu preceptor converterao nun personaxe non grato para moitos
atenienses. Trala morte de Alexandre, no ano 323, sentíndose ameazado polos crecentes sentimentos
antimacedónicos, Aristóteles abandonará Atenas e retirarase a Calcis. Alí morrerá Aristóteles, no
ano -322., dunha enfermidade doestómago.

1.1Crítica á doutrina platónica.
Aristóteles era un bo coñecedor da filosofía , ata o punto de que a el débeselle a primeira
recompilación do pensamento doutros autores. Este contacto cos pensadores anteriores deixara
algún tipo de pegada na súa obra. É clara a influencia de Empédocles, del toma a teoría das catro
raíces ou elementos:
auga, aire, terra e lume, a partir das calesAristóteles explica a constitución do mundo
sublunar. Pero a influencia decisiva, aquela que está na base do pensamento aristotélico e
fronte a cal desenvólvese a súa obra, é a de Platón, de cuxa filosofía toma aspectos esenciais e
critica outros igualmente esenciais. Se nos centramos nas discrepancias coa concepción platónica
quizais as máis importantes sexan as que a continuacióncomentamos:
1. Abandono do método dialéctico: Aristóteles rexeita a dialéctica de Platón por
considerar que o proceder dialéctico non é un proceder do necesario, tan só do
posible, e a substitúe pola demostración, cuxo esquema é o siloxismo.
Ana Mª Vigo Vila, IES As Telleiras , 2ºBach B

2. A distinta concepción e valoración da physis: a partir dos sofistas a natureza quedara
relegada como centro deatención da filosofía. Con Platón vaise aínda máis lonxe, e a
natureza (a physis, o mundo sensible) non só é relegada como obxecto de
pensamento, senón que a fai ocupar un segundo plano na realidade, por debaixo do
mundo das Ideas nas que radica o ser, a realidade plena.
Con Aristóteles a natureza volve a ter un papel central no pensamento e ademais prodúcese unha
nova definición do que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La historia de la historia
  • historia de la historia
  • Historia de la historia
  • La historia de la Historia
  • la historia de la historia
  • historia de la historia
  • el historiador y la historia
  • Historia de la no historia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS