Juegos tradicionales en galicia

Páginas: 5 (1111 palabras) Publicado: 26 de noviembre de 2010
OS XOGOS TRADICIONAIS

Para unha correcta exposición da información recollida seguirei o seguinte esquema:

1. Vida dos nenos e das nenas.

2. Xogos na escola.

3. Xogos fóra da escola.

4. Xoguetes.

5. Valoración e crítica persoal sobre a información recollida.

1. Vida dos nenos e das nenas:

O informantes vivían na Galicia rural, dunha aldea das Rias Baixas (O Salnés) e a súa infancia transcorreu aproximadamente entre 1940 e 1955.

Ámbolos dous vivían nunha familia que se dedicaba a agricultura e a gandería. Nos dous casos pertencían a unha familia matriarcal debido a que os homes emigraron, entón as mulleres tiveron que quedar á fronte da familia.

A alimentación era variada e utilizábanse tanto os alimentos que se cultivaban para a posteriorventa, como os alimentos do mar que se podían comprar nos mercador. Había en épocas do ano nas que era moi abundante, debido a que coincidían coa época de recolecta dos alimentos cultivados, e outras nas que non o eran tanto, pero: “nunca se pasou fame”.

En canto a vestimenta utilizábase a vestimenta tradicional da época. Os homes levaban pantalón e camisa as mulleres con vestidos ou saias. Avestimenta non era moi variada, nin tampouco se posuían moita cantidade de prendas, solo as necesarias: había unha muda para os domingos, outra para ir traballar e outra para a escola. Sempre se soia comprar unha muda no domingo de ramos ou nas festas patronais. En moitas ocasións as prendas eran realizadas polas nais, tías ou irmás maiores.

Si atendemos á saúde hai que dicir que poucas vecesse acudía ó medico, so en casos graves, e acostumábase a utilizar medicinas caseiras. Isto era debido principalmente os escasos medios dos que se dispoñían.

Nesta época existía unha gran variedade de cantigas, adiviñas e lendas, entre as que hai que destacar as seguintes: O bailar do carrasquiño, Socorro caballero, Angelitos negros, e Ó son das panderetas. Hai que dicir que existían infinidadedestas cantigas e adiviñas pero os informantes non se lembran de máis.

As diferenzas entre nenos e nenas fundamentábanse basicamente nos traballos realizados por cada un e polos xogos que practicaban, como xa veremos mais adiante.

2. OS XOGOS NA ESCOLA

Existían infinidade de xogos, pero os informantes destacan que na zona os máis importantes eran os seguintes:

• A man quente:realizábase entre un grupo de nen@s, na que se tiña que poñer de espaldas ós outros e coas mans detrás. A continuación un dos outros pegáballe nas mans e o primeiro tiña que adiviñar quen fora.

• A corda: Consistía en que dúas persoas (normalmente nenas) dábanlle voltas á corda, e entón, outra nena metíase a saltar. Hoxe en día aínda se sigue xogando a este xogo. Era un xogo practicamente solode nenas.

• O pañuelo: sentábanse un grupo de nen@s formando unha roda coas mans atrás cerradas, nas que, nun caso, agachábase na man un pañuelo. A continuación outro nen@ empezaba a andar ó redor do círculo cando unha canción. Cando esta remataba, o que tiña o pañuelo tiña que levantarse e dar unha volta ó redor do circulo sen que o que estaba de pe o collera. Era un xogo tanto de nenoscoma de nenas.

• O chopo: Era un xogo moi similar ó escondite que se xoga hoxe en día, pero coa diferenza de que aquí agachábanse todos menos dous e estes eran os que buscaban ós demais. Era un xogo tanto de nenos coma de nenas.

Á maioría destes xogos xogábase tanto no verán como no inverno, pero mais no verán debido as condicións climatolóxicas.

3. OS XOGOS FORA DA ESCOLA

•Pellas: Para realizar este xogo había que encontrar ou coller anteriormente pequenos cachos de tella. O xogo consistía en poñer a man cara arriba e poñíanse os cachos de tella encima da man e había que darlle a volta a man intentando que non caeran ou que o fixeran as menos posibles. Finalmente ganaba o que mais cachos de tella conseguira aguantar. Era un xogo máis de rapazas que de rapaces e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Juegos Tradicionales
  • Juegos Tradicionales
  • Juegos Tradicionales
  • juegos tradicionales
  • Juegos tradicionales
  • Juegos tradicionales
  • Juegos Tradicionales
  • JUEGOS TRADICIONALES

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS