La Araucana e a Eneida

Páginas: 5 (1035 palabras) Publicado: 10 de julio de 2011
Influencia da Eneida de Virxilio na Araucana de Alfonso de Ercilla y Zúñiga:

1. Título completo da obra e data de publicación
La Araucana, publicada na súa primeira edición en 1569.

2. Nome do autor, lugar de nacemento ou de actividade e cronoloxía básica (nacemento / morte)
Alonso de Ercilla y Zúñiga. Nacido en Madrid no ano 1533, fillo de pais vascos.
Reside seis anos en Sudamérica, eas súas vivencias ó outro lado do atlántico teñen grande importancia na súa obra La Araucana.
Morre en Madrid no 1594.

3. Breve descripción da etapa literaria en que se inscribe (con atención ás particularidades de cada literatura nacional)
A obra aparece no Século de Oro da literatura española, durante o período renacentista.
Nesta etapa, a poesía española adopta métricas chegadas dendeItalia, como os versos endecasílabos ou estrofas como a octava real. O emprego da lingua opta pola naturalidade, escapando do léxico e a sintaxe complexa.
Aparecen xéneros como a égloga, de tema pastoril, ou a epístola, poemas en forma de carta.
Os temas principais son o amor, a natureza idealizada, a beleza feminina e a volta de temas clásicos, como as mitoloxías gregas e romanas.
Destaca o usode tópicos coñecidos como o Carpe Diem (“disfruta o momento”), o Beatus Ille (louvanza á vida no campo) ou o Locus Amoenus (descripción de paraxes naturais de gran beleza).

4. Xénero literario ao que pertence: características xerais dese xénero
La Araucana pertence ó xénero da poesía épica, máis especificamente á súa variedade máis culta.
Esta trata de recuperar os temas e o estilo daepopea clásica grega e romana, en contraposición á tendencia realista da épica en prosa contemporánea, que conta como principais exponentes con El lazarillo de Tormes, obra anónima, e El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes.

5. Extensión e forma métrica (v.g. nº de versos e / ou nº de libros; esquema métrico utilizado)
A obra está composta por 37 cantos divididos entres partes. A primeira consta de 15 cantos, a segunda de 14 e a terceira de 8. Os cantos están escritos en octavas reais, empregando o verso endecasílabo con rima consonante en esquema ABABABCC.

6. Breve síntese do/s tema/s e argumento
A obra está dedicada ó rei Felipe II, e narra os feitos máis importantes da Guerra de Arauco polas terras do sur de Chile, disputada entre os colonizadoresespañoles e os mapuches, un pobo indíxena da zona. Está inspirada polas propias experiencias do autor, que loitou nesa guerra e comezou a escribila mentres participaba nela.
O autor incorpora tópicos como a natureza idealizada, e pódese apreciar a influencia de obras clásicas de Virxilio (Eneida) e Lucano (Farsalia). No poema aparece unha visión idealizada dos indios e recoñécese o seu valor, encontraposición ós conquistadores españois que non presentan características épicas remarcables.
A historia de La Araucana é contada cunha mestura de realismo e fantasía, posto que inclúe pasaxes que tratan sobre recursos épicos clásicos como a visión do futuro mediante outra persoa e outros fragmentos de corte máis 'irreal'.
A primeira parte do libro trata das primeiras batallas da guerra, nas quecomezan vencendo os araucanos, pero a sorte cambia de bando ao avanzar os capítulos. Na segunda parte, o autor segue relatando as vitorias dos españois. Xa na última sección aparece unha versión da historia de Dido, contraria en varios puntos á contada por Virxilio. Nesta terceira parte nárrase a derrota final dos indíxenas e a morte do seu caudillo Caupolicán.

7. Valoración da influenciaexercida pola Eneida no plano temático e argumental (temas, motivos, esquema narrativo), na caracterización dos personaxes, no sentido ideolóxico, nos aspectos estilísticos etc.
Declaración inicial do argumento: o autor fala en primeira persoa sobre a historia que vai contar.
Écfrase inicial: tra-la declaración inicial, o autor describe o lugar onde comezan os feitos (Chile no caso da Araucana,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La Araucana
  • La Araucana
  • La Araucana
  • Araucanos
  • la araucana
  • Araucana
  • la araucana
  • LA ARAUCANA

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS