Movementos obreiros

Páginas: 14 (3313 palabras) Publicado: 21 de marzo de 2012
Os movementos obreiros: O despegue do industrialismo tivo unha extraordinaria importancia na transformación da sociedade. As novas formas da economía deron lugar á aparición de novos grupos sociais. O máis claro é a do obreiro, traballador asalariado que desenvolve a súa actividade nunha fábrica e que non ten máis ingreso económico ca un incerto salario. O outro que, experimenta unhatransformación é o do burgués. A burguesía é, unha clase social na que se inxiren do vello artesanado da cidades ate os grandes “capitáns da industria” ou grandes patróns. A pequena e mediana burguesía compostas por comerciantes, profesionais, como avogados, médicos ou profesores, funcionarios e donos de pequenas industrias. É a clase máis heteroxénea. O novo mundo obreiro constitúe a clase subordinadaque está unida por unha condición común: a de vivir dun salario sen outra protección. Dicíase que non tiña máis riqueza cos seus fillos, a súa prole, e xeneralizouse o nome de proletario.
1. PROLETARIADO: ORIXES E CONDICIÓN: A introducción de novos medios de producción foi acompañada dunha organización do traballo diferente, destinada a ordear o proceso de fabricación e asegurar o máximo debeneficio ó capital. O traballador deixaba de elaborar un artigo do que puidera sentirse responsable, e só interviña nunha fase da producción, converténdose nun elemento máis como a maquinaria. A pretensión de amortizar a maquinaria no menor tempo posible e obter o máximo rendemento deu lugar a prolongadas xornadas de traballo e un severo réxime disciplinario. O alumeado artificial permitiu o traballonocturno. O descanso dominical foi recortado ou simplemente desapareceu.Esta implantación do sistema fabril non supuxo a desaparición dos pequenos obradoiros. Agora ben, imposibilitados para competir coa nova industria, foron relegados a unha posición subordinada. A experiencia común do traballo, da forma de vida e da protesta crearon unha conciencia colectiva de clase.
1. a. A condicióntraballadora: Medraron suburbios obreiros desprovistos das mínimas condicións de habitabilidade. O amoreamento e a insalubridade eran o decorado sobre o que o traballador debía desenvolverse: as fábricas, as vivendas, os hospicios, a escola para os máis afortunados. Os establecementos industriais eran locais reducidos, con mala ventilación e iluminación, onde a duración da xornada, de catorce a dezaseishoras de media, a monotonía do traballo, a curta idade dos traballadores e a ausencia total de medidas de protección contribuíron a que os accidentes con amputacións e as enfermidades graves. Outro elemento distorsionador da familia foi a demanda de traballo feminino. Os nenos quedaron desatendido. Mal alimentada e maltratada, a infancia foi a primeira víctima do desenvolvemento industrial. Taxas demortalidade, houbo un aumento, o que fai que dito aumento non se poida desligar das condicións nas que o traballador había de gañarse a vida. A esperanza de vida as clases superiores estaba nos 38 anos, dos artesáns en torno a 20 e a dos obreiros en 17. As taxas de mortalidade infantil son dun 57% en familias obreiras. Os presupostos das familias obreiras poñen de relevo a dificultade dasubsistencia. Dous terzos do salario eran destinados á alimentación, o pan e a pataca a base esencial. O elevado grao de adulteración dos alimentos reducía o seu valor nutritivo e daba lugar a frecuentes intoxicacións.
1. b. Mecanización e protesta obreira: a destrucción das máquinas ou luddismo: A introdución de maquinaria no proceso produtivo significou a posibilidade de incrementar a produciónempregando un menor número de traballadores. A máquina espertou de inmediato a hostilidade dos artesáns. A mecanización implicou a perda do emprego e para outros un descenso dos ingresos, supuxo un sinalado deterioro profesional. A máquina, ó reducir o esforzo físico, permitía a contratación de mulleres e nenos, empregados para substituír ós varóns debido a que cobraban un salario menor co pretexto –a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Movemento obreiro
  • Movemento obreiro
  • TEMA 8 A Revolución E O Movemento Obreiro
  • Women's movement
  • Migration movement
  • The movement
  • Thrive Movement
  • movement

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS