NO SE NO SE CUANTO

Páginas: 26 (6465 palabras) Publicado: 1 de diciembre de 2013
 FISICA
1. Un novo planeta extrasolar, o GJ436c, descuberto por un grupo de investigadores españois, representa un paso mais na busca de planetas que puideran acoller vida por posuír características semellantes ás da Terra. O planeta ten un masa equivalente a cinco veces a da Terra, e tarda 5,2 días terrestres en dar unha volta entorno a súa estrela. Pola contra, aínda que se move coamesma velocidade lineal que a Terra, o seu período de rotación é relativamente lento comparado co da Terra (4,2 días terrestres). Determinar:
a) O valor do campo gravitatorio na superficie do planeta.
b) A distancia de separación entre o planeta e a súa estrela.
c) A velocidade de escape para un obxecto situado na superficie do planeta.
Datos: Campo gravitatorio na superficie terrestre: 9,8Nkg-1; Radio da Terra: 6,37.106 m;
Datos: Trotación= 4,2 días
T orbital= 5,2 días= 4,5.105 s.
2. O MESSENGER é unha misión espacial non tripulada da NASA, lanzada rumbo a Mercurio en Agosto de 2004 e que entrou en órbita arredor dese planeta en Marzo de 2011. No seu percorrido enviou datos que permiten coñecer diferentes parámetros sobre Mercurio. Así, en Abril de 2011, atopándose a unhadistancia de 10.124 km do centro de Mercurio, e o período de Messenger foi de 12 horas e 2 minutos. Con estes datos:
a) Calcula a velocidade orbital a que se estaría movendo Messenger.
b) Determina a masa de Mercurio.
c) Determina os valores da enerxía cinética e potencial da sonda espacial nese intre, tendo en conta que a masa da sonda espacial é de 485 kg.
Dato: Constante de Gravitación G =6,67×10-11N m2kg-2
Datos: T= 12 horas 2 min= 43320 s
R= 1,0124.107 m

3. O satélite PLANCK forma parte da primeira misión europea dedicada ao estudo da orixe do Universo. O satélite PLANCK, cunha masa de 1800 kg, foi lanzado en Abril de 2009 para situarse nunha órbita a 1,5 millóns de kilómetros do centro da Terra. Supoñendo que a órbita que describe é circular, calcula:
a) A velocidadeorbital do satélite e o tempo, en días, que tardará en dar unha volta entorno á Terra.
b) A enerxía cinética, potencial e mecánica do satélite na órbita.
c) A velocidade con que chegaría á Terra, se por algunha circunstancia o satélite perde a súa velocidade orbital. Considerar desprezable a fricción ao entrar en contacto coa atmósfera
Datos: Radio da Terra: 6,37.106 m. Masa da Terra: 5,98.1024kg. Constante de Gravitación G = 6,67×10-11N m2kg-2.
4. En 2012, a Universidade de Vigo e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial, en colaboración coa ESA (Axencia Espacial Europea) puxeron en órbita o primeiro satélite galego, o XATCOBEO, para fins educativos. Este satélite, cunha masa de aproximadamente 1 kg, orbita a unha altura máxima (apoxeo) de 1500 km da superficie terrestre, e a unhamínima (perixeo) de 300 km. Determina:
a) A velocidade media orbital, supoñendo que o radio medio orbital e a semisuma do perixeo e apoxeo.
b) A enerxía mecánica do satélite no apoxeo.
c) Xustificar cómo variará a velocidade areolar no seu percorrido orbital.
Datos: Radio da Terra: 6,37.106 m; Masa da Terra: 5,98.1024 kg. Constante de Gravitación G = 6,67×10-11N m2kg

5. Un satélite demasa 200 kg sitúase nunha órbita circular sobre o ecuador terrestre, de tal forma que se axusta o radio da órbita para que dea unha volta á Terra cada 24 horas. Así conséguese que sempre se atope sobre o mesmo punto respecto da Terra (satélite xeoestacionario).
a) ¿Cal debe ser o radio da súa órbita?
b) ¿Canta enerxía se precisa para situalo na órbita?
c) ¿Cal é a velocidade que se lledebería comunicar dende a órbita para facer que escape da atracción gravitatoria?
Datos: Constante de Gravitación Universal G = 6,67×10-11N m2kg-2; Masa da Terra: 5,96×1024 kg; Radio da Terra: 6,37.106 m
Datos: T= 24 h= 86400 s

6. O conxunto de satélites GPS (Global Positioning System) describen órbitas circulares arredor da Terra permitindo que poidamos determinar a posición onde nos atopamos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • cuantos
  • Cuantos
  • Cuanto
  • cuanto
  • Cuantos
  • Cuanto
  • cuantos
  • Cuantos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS