Paau2003 Filosofia

Páginas: 5 (1171 palabras) Publicado: 18 de mayo de 2015
42

HISTORIA DA FILOSOFÍA
Avaliación dos exercicios: análise, 4 puntos; 1ª cuestión, 3 puntos; 2ª cuestión, 3 puntos. (O alumno elixirá dúas cuestións
das tres propostas)

OPCIÓN l
“ Se o home é tan libre como temos explicado no estado de Natureza, se é señor absoluto da súa
propia persoa e dos seus bens, igual ó home máis alto e libre de toda suxeición, ¿por qué razón vai renunciar
a esaliberdade, a ese poder supremo para someterse ó goberno e á autoridade doutro poder? A resposta
evidente é que, a pesar de dispoñer de tales dereitos no estado de Natureza, é moi inseguro nese estado o
disfrute dos mesmos, encontrándose exposto constantemente a ser atropelado por outros homes. Sendo todos
tan reis coma el, calquera home é o seu igual: como a maior parte dos homes non observanestrictamente
os mandatos da equidade e da xustiza, resulta moi inseguro e mal gardado o disfrute dos bens que cada cal
posúe nese estado. Esa é a razón de que os homes estean dispostos a abandonar esa súa condición natural
que, por moi libre que sexa, está chea de sobresaltos e de continuos perigos. Teñen razóns suficientes para
procurar saír da mesma e entrar voluntariamente en sociedade con outroshomes...”
LOCKE, Ensaio sobre o goberno civil, 123.
1. Explicación e comprensión do presente texto
2. Explica e di a qué se retire esta frase de Locke: “Supoñamos, pois, que a mente é, como dicimos, un
papel en branco no que non hai ningún carácter impreso, sen ningunha idea”
3. Crítica da causalidade en Hume.
4. Sinala e explica os tres poderes que distingue Locke e indica cal é o principal, ó queestán
subordinados os demais.

OPCIÓN 2
“- Pois ben -dixo- pola miña parte estou desexando oír cales son os catro gobemos dos que falas.
- Non costa nada decircho -respondín-, pois aqueles dos que falo son os que teñen tamén o seu
nome: o tan louvado polo vulgo, ese dos cretenses e lacedemonios; o segundo en orde e segundo tamén
en canto a popularidade, a chamada oligarquía, réxime cheo de inumerablesvicios; segue a este o seu
contrario, a democracia, e logo a gloriosa tiranía, que avantaxa a tódolos demais en calidade de cuarta e
última enfermidade do Estado. ¿Ou coñeces algunha outra forma de goberno que deba ser situada nunha
especie claramente distinta destas? Porque dinastías e reinos venais e outros gobernos semellantes non son,
segundo creo, máis que formas intermedias entre unhas eoutras como os que poden atoparse en non menor
cantidade tanto entre os bárbaros como entre os gregos”.
PLATÓN, A República, 544 c e d.
1. Explicación e comprensión do presente texto
2. Explica as distintas clases de goberno en Platón. ¿Cal é, para el, a mellor? ¿Que orixe teñen?
3. Sinala o paralelismo que existe entre as distintas “partes” da alma e os distintos “sectores”
do Estado.
4. Enumera asvirtudes anexas a cada clase da alma. ¿Como xorde en Platón a xustíza?

1

42

HISTORIA DA FILOSOFÍA
Avaliación dos exercicios: Análise, 4 puntos; 1ª cuestión, 3 puntos: 2ª cuestión, 3 puntos. (O alumno elixirá
dúas cuestións das tres propostas).

OPCIÓN 1
“Asi, posto que os sentidos nos enganan, ás veces, quixen supoñer que non hai ningunha cousa que
sexa tal e como eles nola presentan naimaxinación; e xa que hai homes que erran ó razoar, aínda sobre
dos máis simples asuntos de xeometría, e cometen paraloxismos, xulguei que eu estaba tan exposto ó error
coma outro calquera, e desbotei como falsas todas as razóns que anteriormente tivera por demostrativas;
e, en fin, considerando que todos os pensamentos que nos veñen estando despertos pódensenos tamén
ocorrer durante o sono, sen queningún entonces sexa verdadeiro, resolvín finxir que todas as cousas que
ata entonces entraran no meu espírito non eran máis verdadeiras cás ilusións nos meus soños. Pero advertín
logo que, querendo eu pensar, desta sorte, que todo é falso, era necesario que eu, que o pensaba, fose
algunha cousa; e observando que esta verdade: “eu penso, logo son”, era tan firme e segura que as máis
extravagantes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Paau2003 Bioloxia
  • filosofia filosofia
  • filosofia de la filosofia
  • Filosofía
  • Filosofia
  • Filosofia
  • Filosofia
  • Filosofia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS