PAU Xu O 2012 OPCION A

Páginas: 5 (1180 palabras) Publicado: 13 de abril de 2015
A implantación do Estado Liberal e os cambios producidos ao longo do s XIX provocaron a desaparición da vella sociedade estamental fundamentada no “privilexio”, e a súa substitución por unha nova sociedade de clases na que o principal criterio de diferenciación o constituía o accedo á riqueza material.
As clases dirixentes desta época sen a nobreza e a burguesía que forman a OligarquíaDominante. Deste grupo dirixente saen a maior parte dos altos cargos da admisión, do exército e da Igrexa.
A nobreza non sae mal parada da revolución liberal; perde os dereitos xurisdicionais pero manteñen o groso das súas propiedades. Acepta o liberalismo como mal necesario e chega a un pacto cos burgueses. Os seus ingresos veñen das rendas agrarias e outros rematan nos negocios. A nobreza mantén o seuprestixio e o peso político, e a burguesía, está integrada por diferentes sectores: burguesía de negocios dedicada a grandes operacións comerciais e financeiras (adquiriron terras na desamortización); e a burguesía industrial que ocupa unha posición subordinada dentro da dos dirixentes, tanto económica como politicamente. A burguesía vai presionar ao Estado para que se adopte unha políticaproteccionista.
As clases medias constitúen un conglomerado heteroxéneo. Caracterízase polo seu conservadorismo ideolóxico e o intento de imitar o estilo da vida dos poderosos.
As clases populares formadas polo campesiñado (formado por pequenos propietarios, arrendatarios, criados e xornaleiros);polos grupos populares urbanos (empregados domésticos, artesáns e pequenos comerciantes); e polo proletariadode número relativamente reducido pola precariedade do proceso industrial. As súas condicións de traballo e de vida son moi duras ( baixos salarios, longas xornadas laborais...). É frecuente o de mulleres e nenos para compensar os baixos salarios.
O movemento obreiro xurdiu en Europa no x. XIX e estivo protagonizado polas clases traballadoras que procuraban a mellora das súas condiciónsde vida e de traballo, a consecuencia dos plenos dereitos políticos e a transformación radical da sociedade nun sentido igualitario. As súas características básicas son o movemento obreiro como manifesto do novo conflito social que o avance da industria propicia, proletariado e burguesía industrial como clases con intereses enfrontados; un contexto político hostil aos intereses e reivindicaciónsda clase obreira; as reivindicacións obreiras nos ámbitos sociolaborais e político; as principais formas de loita e organización e a súa evolución (ludismo, asociacionismo, internacionalismo, sindicalismo), e o predominio do anarquismo e do socialismo como tendencia ideolóxica do movemento obreiro en España, destacando a CNT e a UXT como principais organizacións. En España o desenvolvemento destemovemento foi algo máis lento polo relativo atraso do seu proceso industrializador e estivo condicionado pola constitución do Estado Liberal.
As profundas desigualdades existentes nalgunhas zonas rurais españolas e as mesmas desigualdades que xeraba o proceso industrializador determinan o desenvolvemento dunha forte conflitividade social tanto no campo como na cidade.
No campo foi maior nas áreasnas que existía un elevado nº de obreiros agrícolas sen acceso á propiedade da terra e vivindo nunhas condición miserables. Tamén se estendeu á cidade, onde as condicións de traballo e de vida non eran moito mellores.
As 1ªs manifestacións de protesta obreita, sucedidas nas décadas de 1820-1830, dirixíanse contra as máquinas, ás que culpaban da perda de traballo e da redución dos salarios(ludismo) [Documento 1]. Pero os traballadores comprenderon moi cedo que o verdadeiro problema non eran as máquinas, senón as condicións de explotación ás que estaban sometidos, e desenvolveron novas formas de loita como a parada da produción mediante a folga e a creación das 1ªs asociacións obreiras ( Asociacións de socorro mutuo) que agrupaban aos traballadores dun mesmo oficio e tiñan función...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Pau 2012
  • Comentario PAU (Extremadura) 2011-2012 Opción A
  • Programa Opciones Productivas 2012
  • Términos Kant Pau 2012-2013
  • Examen PAU Setiembre 2008 Tecnología II (Opción A)
  • ANN Estructura Pau HF 2012 13
  • Pau J-2012 C. Valenciana Cast
  • comentari descartes pau 2012

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS