Platon

Páginas: 7 (1736 palabras) Publicado: 10 de marzo de 2013
HELENISMO: FILOSOFÍA E CRISTIANISMO.

Na filosofía clásica, as escolas helenísticas afirman a incapacidade do home para coñecer a realidade (escepticismo) e deron unha orientación práctica ó saber filosófico, dirixíndoo cara á felicidade do home. Esta orientación mantense durante a formación e expansión do Imperio romano. A importancia do imperio romano na civilización occidental resultatan innegable, como pouco relevante no campo da filosofía.
A aparición do Cristianismo, e ó longo dos primeiros séculos da nosa era a súa progresiva expansión, provocará a aparición de novos modelos filosóficos que recorrerán á revelación como forma de acceso á verdade ou acerca de como conseguir a felicidade ou “salvación individual”, que competirán cos modelos filosóficos clásicos gregos.Así, á razón como fonte de coñecemento engadiráselle a fe e a verdade revelada, que é incuestionable.
No século IV sobe ao poder o emperador Constantino, que poñerá fin ás persecucións cristiás que se estaban levando a cabo, e converte o Cristianismo na relixión oficial do Imperio.
Trala caída do imperio romano no século V, iníciase o período coñecido como Idade Media que chega atao Renacemento do século XV. A desmembración dese Imperio fai que se produzan oleadas de pobos invasores (hunos, lombardos...), pobos enteiros desunidos entre si, pobos pastores que acabaron cunha civilización, a romana, moito máis desenvolvida, pero esgotada e decadente. A sociedade europea sumiuse nunha escuridade case total. A destrución do imperio romano trouxo como consecuencia unha decadenciaxeneralizada que se mantivo ata o século XI, e a perda de moitos logros da civilización romana.
E a pesar do efémero e limitado "renacemento carolinxio" da man de Carlomagno, rei dos francos, dos lombardos e emperador bizantino, este exerceu gran influencia en todo o Occidente europeo. No século X, os normandos percorren as costas europeas, destruíndo o pouco que fora reconstruído.Desaparecen as cidades, interrómpense as comunicacións, desaparece o comercio e vólvese á economía de mera subsistencia. Son anos de fame, epidemias e miseria; de aí que desapareza a cultura antiga.
O sistema socioeconómico existente era o feudalismo, que dividía á poboación en dous estamentos, os señores e os vasallos, que cultivaban as terras daqueles. En canto á política, esta se articulaba entorno a dous poderes: o relixioso (o papa) e o político (o emperador), que loitaban entre si constantemente pola supremacía. A Idade Media caracterízase polo presenza da relixión en todos os ámbitos, non so social ou político, senón calquera das manifestacións culturais (formas de vida, arte, literatura, filosofía…). Só a Igrexa é a depositaria e a custodia do coñecemento, é nos seus mosteiros,igrexas e edificios catedralicios, onde se conserva e toda a cultura greco-romana clásica.
Nos séculos XII e XIII prodúcese un proceso de crecemento e de cambio. No ámbito da economía prodúcese un crecemento notable da agricultura e con el, un aumento da poboación, o que acaba xerando unha certa economía de mercado e o crecemento das cidades, truncándose así o sistema feudal e dando lugar aunha burguesía mercantil próspera. No século XIII, florece a arte gótica, xorden importantes ordes relixiosas (como os dominicos e os franciscanos), créanse as universidades (París, Oxford); e no cultural dáse un proceso de secularización do coñecemento, xunto cunha esixencia cada vez maior de autonomía da razón fronte ás crenzas relixiosas. Esta situación coincide filosoficamente co apoxeo daEscolástica.


Neste período, a cuestión da relación entre razón e fe será un dos temas filosóficos máis importantes, como forma de expresar as dúas posibles vías de coñecemento utilizadas pola filosofía e a relixión respectivamente. A aparición do Cristianismo e o seu encontro coa Filosofía tivo lugar durante o Imperio Romano, e nese momento, o Cristianismo oponse claramente á filosofía...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • platon

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS