Poesia galicia siglo xx

Páginas: 9 (2052 palabras) Publicado: 3 de abril de 2011
A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poeta e tendencias actuais máis relevantes | |

O último cuarto do século XX e os principios do século XXI constitúen un período fecundo para a nosa historia literaria. Correspóndese co final da vida dos vellos mestres nados nas primeiras décadas do século e mais coa obra de madureza dos autores -daquela mozos- queparticiparan na recuperación cultural emprendida nas décadas de 1950 e 1960. Así mesmo, neste período, incorpóranse á literatura galega moitos autores, ata entón inéditos, que contribúen a debuxar un panorama literario variado e rico Algúns deses autores, os de máis idade de entre os novos, formados nos ambientes culturais fortemente ideoloxizados dos derradeiros anos do franquismo, empezaron apublicar a finais da década dos 60 e inicios da de 1970, sobre todo poesía, para logo decidirse polo relato e a novela.
Xunto a estes escritores, unha xeración máis nova, que inicia a súa obra por de 1980 e 1990, achega outros acentos á poesía e comeza a desenvolver unha produción ben estimable.
Na poesía dos autores novos de comezos dos anos setenta predominabaabsolutamente a poesía social, segundo as pautas poéticas e éticas de Celso Emilio Ferreiro. Unha boa mostra deste tipo de poesía é a antoloxía Os novísimos da poesía galega, publicada en 1973. Os nomes máis importantes que nela figuran son: Margarita Ledo Andión, Lois Diéguez, Xesús Rábade Paredes ou Darío Xohán Cabana.
Esta poesía social, moi condicionada ideoloxicamente, era o froito serodiodunha veta que ía esgotándose . Foi precisamente o seu máximo cultivador, Celso Emilio Ferreiro, quen fixo patente a crise do socialrealismo co seu libro Onde o mundo se chama Celanova (1975), no que predominan xa os temas intimistas.
O cambio de rumbo da poesía galega entre 1975 e 1980 débese á diminución do interese dos lectores pola poesía comprometida coa chegada da democracia -o quemenoscaba a urxencia da mensaxe de denuncia-, e a viraxe cara ao culturalismo e o experimentalismo que marca o libro de Méndez Ferrín Con pólvora e magnolias (1976). Ao mesmo tempo, adquiren protagonismo novas voces agrupadas nos colectivos poéticos:

a) Cravo fondo creado en Santiago en 1976 que aglutinaba sete poetas case todos lugueses: Xesús Rábade, Helena Villar, Ramiro Fonte...Publicaronunicamente un libro colectivo co mesmo nome que o grupo e un manifesto prográmatico. Expoñen a súa vontade nacionalista e antielitista.

b) Rompente xudido en Vigo en 1975, durou ata 1983. Fixeron unha poesía transgresora, que, como o seu nome indica, rompe cos moldes clásicos da construción poética do verso e se aproxima á escrita automática de ascendencia surrealista. Os principais membros docolectivo foron Antón Reixa ( Vigo, 1957), Alberto Avendaño ( Vigo, 1957) e Manuel María Romón ( Vigo, 1954). Publicaron conxuntamente Silabario da turbina (1978) e Fóra as vosas mans de Manuel Antonio (1979), este último unha especie de manifesto poético no que se identifican coas propostas poéticas do poeta rianxeiro.. A poesía rupturista deste colectivo está moi vencellada ao espectáculoaudiovisual; os propios autores teñen ofrecido recitais das súas obras acompañando o texto de música e imaxes . Ademais, no caso de Antón Reixa, o medio audiovisual é no que mellor ten desenvolvido a súa creatividade .Contaron tamén coa colaboración de Alfonso Pexeguiro co seu poemario Seraogna (1976).

c) De amor e desamor foi un grupo viculado coa Coruña que publicou dous libos conxuntos con estetítulo. Formaron parte del Lino Braxe, Manuel Rivas, Pilar Pallarés, Xavier Seoane...

A poesía galega na década dos 80.

Esta denominación refíese aos escritores que comezan a publicar cara a principios desta década e comparten uns trazos que os enfrontan aos poetas do decenio seguinte.

|Esteticismo: |-En contraste co descoido que presentaban os textos epigonais do...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La poesía de 1939 a finales del siglo XX
  • Poesia del siglo xx- damaso alonso
  • Poesía de 1939 a finales del siglo XX
  • LA POESÍA DE 1939 HASTA FINALES DEL SIGLO XX
  • La poesia española de 1930 a finales del siglo XX
  • Poesía Contemporánea Del Siglo Xx
  • La poesía de vanguardia del siglo XX
  • Poesía del siglo XIV y XX

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS