Política Aristoteles Libro I

Páginas: 5 (1079 palabras) Publicado: 5 de junio de 2012
EXERCICIO 1
"Resumo do libro I da Política Aristóteles"

Este primeiro libro ten como ideas principais a comunidade política e comunidade familiar.
Aristóteles formúlanos que é un feito verdadeiro que toda forma de comunidade cívica tenda cara un fin, o cal é ben supremo. De crer o contrario, deberíamos ver a formulación metodolóxica na que se basea ese.
A comunidade cívica perfecta apareceordenada xerarquicamente. Esta componse primeiramente da familia e esta é o oikos ou casa, a unión desta é a comunidade, que á súa vez unida forma a aldea, cuxo conxunto compón a polis. A cidade perfecta é a que ten o máximo nivel de autosuficiencia.
A cidade componse de cidadáns, que son os homes1 sociais por natureza, xa que son "posuidores da palabra". O individuo que se escapa a estadefinición, non se pode considerar apto para vivir na cidade. Por iso se di que a cidade é anterior á casa e ó individuo.
A xustiza é unha virtude vista como valor cívico, que se contrapón coa inxustiza e o vicio.
A raíz da ordenación da cidade, comezamos falando da administración do oikos, que se compón dos libres (varón, muller, descendencia) e dos/as escravos/as. A relación do escravo/a-amo/a(relación heril); a "patriké2" é a da parella formada por home e a muller; e en relación coa descendencia, a procreadora.
Aristóteles comeza a desenrolar a súa teoría escravitude argumentando que esta é por ius naturalis3, porque non se pode pertencer a si mesmo. Causa disto é debido á condición sumisa e obediente que amosan estes individuos fronte ós que están destinados a mandar; isto sábese poloindividuo cuxa disposición tende cada parte del: alma (debe mandar) ou corpo (debe obedecer). Aristóteles reforza a súa teoría dicindo que existen dous tipos de dominio, a alma exerce sobre o corpo un dominio señorial, mentres que a intelixencia exerce sobre o apetito, un dominio político e rexio. Pretender a igualdade entre estes dous tipos de individuos, segundo Aristóteles é anti- natural e da lugará desorde.
Non todos os contemporáneos a Aristóteles entendían o mesmo con respecto da escravitude. Aristóteles pretende argumentar que as voces que defenden a non- escravitude por lei vencedor- vencido están equivocadas en certo sentido. Aristóteles, cre que a súa defensa da súa tese é clara, conveniente e xusta en certas condicións.
Considera tamén que hai homes libres e homes escravos que pornatureza non o son, pero que en outros casos a condición está ben definida.
Di pois que existen dúas clases de mando, o saber do amo (saber servirse dos escravos- ciencia xusta) e o saber do escravo (ensinanza das -tarefas- ciencias serviciais)
Tamén é debido á naturalidade da apropiación dos instrumentos, que poden ser de produción como, polo xeral os inanimados ou de uso- que son deposesión-, como os escravos. A vida mesma responde á acción, e necesítase un subordinado para esta acción, que é o escravo. O amo é dono do escravo, pero non lle pertence. O escravo éo do amo e lle pertence a este. En todo isto se basea a ciencia do amo.
Tema da propiedade e crematística (arte da adquisición), que non é o mesmo ca economía (arte da utilización) do oikos.
Existen diversos modos de vida,segundo a actividade produtiva os cales, os homes que teñen máis preguiza son pastores, outros viven da caza, como os pescadores, pero a grande maioría viven da terra e dos seus produtos cultivados. Tamén están os comerciantes, e os que combinan algunhas actividades. As capacidades adquisitivas veñen dadas por natureza tanto nos homes, como no resto dos animais. Os animais domésticos existen parao servizo e alimentación do home. A natureza produce todos os seres a causa do home.
Cre na idea de que a guerra é xusta por natureza, xa que a considera necesaria, tanto para empregala contra os animais salvaxes, como para empregala contra os insurrectos escravos.
Dende a teoría, unha especie de arte adquisitiva é naturalmente unha parte da economía da casa e da cidade.
Outra arte...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Politica De Aristóteles, Libro I.
  • Libro i la política de aristóteles
  • Aristóteles, Metafísica. Libro I
  • Aristoteles metafísica Libro I
  • libro I aristoteles
  • La Retórica De Aristóteles (Libro I)
  • libro tercero La politica aristoteles
  • La politica de aristoteles libro 1,3.4,6

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS