practicum guia UDC

Páginas: 24 (5840 palabras) Publicado: 11 de abril de 2013
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

GUIA DAS PRÁCTICAS DOCENTES

DO MESTRADO EN PROFESORADO DE EDUCACIÓN
SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO, FORMACIÓN
PROFESIONAL E ENSINO DE IDIOMAS DA UDC.

CURSO 2012-2013

Guía das prácticas docentes do Mestrado deSecundaria. 2012-13.

1

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

I

Introdución.

II

Competencias.

III

Obxectivos.
1. 1. Obxectivo xeral.
.
2. 2. Obxectivos específicos.
.
3.
Estrutura e desenvolvemento.
4. 1. As persoas e as súas funcións.
5. 2. Duración,calendario e horario.
6. 3. Estrutura das Prácticas.
• Tipos de tarefas.
• Descrición do primeiro período.
• Descrición do segundo período.

IV

V.

Memoria de Prácticas.

VI.

Avaliación.

VII. Titorías.
Anexo I: Descrición e cronograma de reunións e actividades das
prácticas e do TFM.
Anexo II: Avaliación do alumnado do Practicum.
Anexo III: Aspectos xerais do Practicum.Anexo IV: Compromiso de confidencialidade.

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13.

2

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

I.- INTRODUCIÓN.As Prácticas constitúen unha experiencia formativa de preparación para
a futura vida profesional doalumnado deste mestrado. Permitirán coñecer as
tarefas que se levan a cabo nun centro educativo de ensino secundario e
posibilitarán o establecemento de relacións frutíferas entre docentes do ámbito
universitario (moitos deles tamén docentes en Secundaria), docentes en activo
no ensino secundario e o alumnado que pretende proxectar a súa vida
profesional no ámbito docente.
As Prácticas estándeseñadas para ofreceren a este alumnado a
posibilidade de observar e analizar os contextos en que como futuros
profesores e profesoras van desenvolver o seu labor, de xeito que poidan ter
un coñecemento vivencial do traballo docente. Agárdase que sexa tomado
como a oportunidade que é, e non só como unha parte máis destes estudos de
posgrao. Non se debe esquecer que, como oportunidade, sonos centros e o
profesorado titor os que sobre todo a fan posible, e así debe ser recoñecido
polo alumnado implicado e pola Universidade; este recoñecemento será
compatible cunha actitude de observación e esculca propios do momento
formativo do que se trata. Non se trata de imitarmos os modelos de acción que
se observen, senón de analizar e reflexionar sobre esas e outras posiblesalternativas de actuación profesional.
A práctica que se desenvolve nos centros educativos só pode ser
comprendida se se entende como se foi constituíndo o proceso de
escolarización e como os axentes internos e externos actúan sobre o mesmo.
Para isto é necesario ter un coñecemento sistematizado e profundo sobre o
que se fai, por que se fai, para que se fai, que se podería facer e que é o que
non sedebe facer. Este coñecemento enriquecerá sen dúbida aqueloutros
coñecementos das fases anteriores, tanto do módulo xenérico como dos
específicos, servindo moitas veces de contraste enriquecedor.
Servirá tamén ao profesorado titor dos centros de ensino, cuxa
colaboración nunca se agradecerá bastante, de oportunidade para reflexionar e
contrastar o seu traballo e os seus hábitos no día a díada aula e para tomar
contacto, aínda que sexa brevemente, coa reflexión que dende fóra deses
centros de ensino secundario se fai. Sen esquecer que en definitiva se está a
formar aos futuros docentes e colegas de profesión, evitando que o seu
primeiro contacto profesional sexa coa responsabilidade e as urxencias de
dirixir un grupo de alumnos e alumnas.
Este mesmo afán terá o profesorado da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Resumen guia didactica prácticum i educacion social
  • practicum
  • Guia Docente Practicum I Primaria
  • Tesis Udc
  • Derecho udc
  • Ensayo UDC
  • Guía Practicum Ii Educación Social Uned
  • Preguntes Practicum

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS