Preto da igualdade formal pero lonxe da igualdade real

Páginas: 5 (1125 palabras) Publicado: 6 de noviembre de 2014
“EN IGUALDE, NIN UN PASO ATRÁS. AVANZANDO DA MAN”


PRETO DA IGUALDADE FORMAL PERO LONXE DA IGUALDADE REAL
Durante os últimos anos foron moitos os avances que se teñen producido nas políticas de igualdade tanto a nivel estatal como a nivel autonómico, en ámbolos dous casos estivo ó frente da súa posta en marcha un goberno progresista.
Todos os avances foron maioritariamente formais,reflexados en distintas leis, que marcaron un antes e un despois nas políticas de igualdade en España e en Galicia. Pero a vontade política é fundamental para que o que está no papel se convirta nunha realidade, para que progresivamente se vaian erradicando as discriminacións que sofren as mulleres en España e en Galicia por cuestión de xénero.

Dise que a lexislación dun país se ten que adaptar óscambios sociais que nela se produzan, pero tamén teñen que servir para impulsar cambios sociais e conquerir un mundo máis xusto e igualitario. Este é o caso de leis coma: “Ley para la igualdad efectiva de mujeres y hombres”, a “Ley de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género”, a“Lei do traballo en igualdade das mulleres en Galicia” ou a “Lei galega para a prevención e o tratamentointegral da violencia de xénero”.

Despois da aprobación destas leis de seguro se ten producido unha certa mellora na condición da muller en España e en Galicia, pero ainda estamos moi lonxe de acadar un mundo no que a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres sexa unha realidade. Pero hai sectores interesados en que cale na sociedade a idea de que xa se chegou á meta, que xa seconseguiu a igualdade real de oportunidades entre homes e mulleres. Isto non e non debemos permitir que esta mensaxe cale na sociedade, pois en ocasións caemos na autocomplacencia.


IGUALDADE NO MERCADO LABORAL

A situación actual, tras os últimos datos de paro rexistrado en Galicia, arroxan unha falsa imaxe da realidade, a de aparente igualdade. Pois as cifras do paro feminino medraron menos que asdo paro masculino, pero temos que ter en conta que os peores traballos, os máis precarios, seguen a ser desempeñados por mulleres. A temporalidade e a desigualdade salarial, de máis dun 20%, seguen a ser as notas dominantes na situación laboral das mulleres galegas. E, ademáis, debemos ter en conta que a taxas de ocupación e actividade seguen a ser menores entre as mulleres que entre os homes.Para facerlle fronte a estas discriminacións laborais sufridas polas mulleres galegas a Xunta de Galicia conta con unha ferramenta fundamental, a Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia. Moitas das actuacións previstas nesta Lei non están sendo implementadas.

O Goberno galego comprometeuse a aprobar antes de rematar o ano 2009 un Plan de Emprego Feminino, pero a día de hoxe seguesen adoptar ningunha medida conducente a paliara a precaria situación laboral das mulleres galegas.


Non se poden abandonar nin esquencer as políticas de igualdade para acadar que o enorme potencial humano, social e económico que significan as mulleres na sociedade, contribúa decisivamente a mellorar a nosas situación económica e a seguir avanzando en materia de igualdade entre homes emulleres.

“Teitos de cristal”
En España e en Galicia impulsáronse numerosas medidas e aprobáronse varias leis para fomentar e incrementar a presenza e participación da muller nos distintos ámbitos sociais, laborais, políticos e empresariais.

En todas elas se recolle a obriga dos poderes públicos de loitar polo dereito de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes a través daeliminación da discriminación da muller.

Concretamente, a Lei 3/2007 para a igualdade efectiva entre homes e mulleres recolle no punto 2 do artigo 26: “Os distintos organismo, axencias, entes e demáis estructuras das administracións públicas que de xeito directo ou indirecto configuren o sistema de xestión cultural, desenvolverán as seguintes actuacións: (...)d)Que se respete e se garanta a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Teoria Da Literatura
  • Igualdades matematicas
  • da
  • DA
  • DA
  • Da O
  • da
  • DA OS

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS