Res

Páginas: 75 (18570 palabras) Publicado: 6 de noviembre de 2015
HISTORIA DA FILOSOFÍA. APUNTES DE MARX

Karl MARX
(1818-1883)

MATERIALISMO HISTÓRICO

RETRATO DE MARX.

Nenos de 11 anos empregados nunha fábrica téxtil de Manchester .
Adolescentes traballando en Manchester a finais do século XIX.
Vista da zona industrial de Manchester a mediados do século XIX.

Contidos MARX. Historia da Filosofía. Prof. González Vázquez, José

Páxina 1

HISTORIA DAFILOSOFÍA. APUNTES DE MARX

I. CONTEXTO HISTÓRICO.
O contexto histórico no que vive Marx ven caracterizado polas circunstancias políticas, económicas e
sociais producidas pola REVOLUCIÓN INDUSTRIAL DE MEDIADOS DO S. XIX. Destacamos os
seguintes elementos:
REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (inicialmente a inglesa que se proxecta logo a Francia e Alemania) que
se da nun contexto de aumento demográfico e importantescambios políticos e sociais. Asistimos a un
cambio na mesma estructura xeográfica e demográfica das cidades constituíndo grandes núcleos de
poboación ocupada en industrias sen as suficientes infraestructuras nen recursos de salubridade para
dar cabida ás grandes cantidades de poboación que se trasladan ás mesmas para traballar nos novos
procesos industriais (núcleos industriais como Manchesterconstituen cidades de referencia do
industrialismo para toda Europa). Nestas cidades convertidas en ateigados núcleos industriais vanse
constituíndo unha clase de obreiros (proletarios dependentes do traballo asalariado) que toman
conciencia das condicións laborais e sociais que lles tocan vivir sen nengunha garantía (condicións sen
seguridade laboral algunha, traballo dos nenos sen límite de idade,ausencia das mínimas condicións
de sanidade, explotación laboral sen límite na duración da xornada laboral ou traballo a destallo,
inexistencia dos seguros sociais, etc.). Este contexto denominado pauperismo esixe o comenzo da
organización das clases traballadoras en colectivos reivindicativos por oficios que logo se integran e
constituen a partir do último tercio do S. XIX as primeiras organizaciónsde oficios que darán forma
aos sindicatos (as Trade Unións en Inglaterra).
DESIGUALDADE MATERIAL E SOCIAL xurdida do contexto industrial que analizamos arriba e
que agudiza a xa desigualdade social histórica non solucionada polas revolucións burguesas.
PROCESOS HISTÓRICOS E POLÍTICOS que se estaban a producir coincidentes co capitalismo,
como eran por exemplo, as REFORMAS POLíTICAS quereivindicaban os liberais; os MOVEMENTOS
NACIONALISTAS que darán lugar a procesos de enfrentamento entre paises e tamén a procesos de
unificación (como por exemplo Alemania e Italia) ou disgregación (separación entre o imperio de
Austria e o imperio ontomano); e os PROCESOS IMPERIALISTAS de expansión a través de Asía e
África que permitisen a disposición de maiores recursos materiais que aportaban poder eriqueza.
Neste contexto as formulacións de solucións á situación social viñan de distintos frontes ben
diferenciados nas propostas:
- Por unha parte, os reformistas sociais dos socialistas utópicos que preocupados pola
situación da clase traballadora defendían unha mellora paulatina das condicións sociais e
laborais pero sen cambios nas estructuras do industrialismo que alimentaban o capitalismo
delibre mercado.
- Por outra, os movimentos revolucionarios impulsados fundamentalmente polos
movimentos obreiros a favor de cambiar as mesmas estructuras do capitalismo cara a unha
sociedade futura igualitaria.

Principales elementos contextuales:
- Industrialismo. Avance da revolución industrial inglesa e proxección a Alemaña e Francia,
fundamentalmente.

Contidos MARX. Historia da Filosofía. Prof.González Vázquez, José

Páxina 2

HISTORIA DA FILOSOFÍA. APUNTES DE MARX
- Maquinismo.
- Incorporación masiva de man de obra aos procesos de produción.
-Conciencia da poboación dun paulatino enriquecemento da clase empresarial que non reverte na
mellora das condicións de traballo e sociais da clase detentadora da forza de traballo
(traballadores). Incremento da produción coa incorporación...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Rese A
  • Rese A
  • Res
  • Rese;a
  • Rese
  • reso
  • La Res
  • Rese A

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS