Retorica

Páginas: 6 (1338 palabras) Publicado: 22 de marzo de 2011
Abstract: In the chapters XII, XIII, XIV of The Rhetoric; Aristóteles try to present the different types of personality that people have during their life. In the first place I show this personalities and I will express my opinion about different points. In the final of the text, the reader can read a conclusion when I show my opinion about every chapters and show the different fallacies which Iwatch in them.
Key Word: youth, maturity, elderly, line of argument, personality, lovely, profitable, fallacies
Resumen:Nos capítulos XII, XIII, XIV da Retórica, Aristóteles procura presentar os diferentes tipos de carácter que a xente ten durante a súa vida. En primeiro lugar, expresarei mostrarei estes tipos de carácter e expresarei a miña opinión sobre diferentes puntos. Ao final do texto, olector pode ler unha conclusión onde mostro a miña opinión sobre o conxunto completo dos capítulos e expoño as diferentes falacias que observei neles
Palabras clave: xuventude, madurez, vellez, argumentación, carácter, fermoso, proveitoso, falacia
A finalidade do presente ensaio é analizar os capítulos XII, XIII, XIV do libro II da Retórica de Aristóteles. Nestes tres capítulos Aristóteles expónos modos de ser das persoas ao longo da vida en relación coas emocións, vicios, idades e dons da fortuna (que son para Aristóteles: a riqueza , a pobreza, a boa ou mala sorte...etc) cada un coas súas propias características, que afectan á hora de levar a cabo unha argumentación. Os modos de ser son tres e correspóndense coas idades: Xuventude,Vellez, Madurez.
O capítulo XII, dedicase áxuventude. Aristóteles sinala como características propias desta idade o impulsivo, o exceso e inexperiencia. En primeiro lugar describe aos mozos como impulsivos posto que procuran en todo momento alcanzar os seu desexos, os cales Aristóteles identifica co prestixio e a fermosura, porén cando alcanzan o desexado cansase pronto del. Ademais considera que ao non ter suficiente experiencia na vida teñendemasiadas esperanzas, o que os fai enganadizos e demasiado valorosos. Tamén os describe como << más amigos de sus amigos y más compañeros de sus compañeros que los de las demás edades>>(Retórica, p.182) posto que non elixen as nin aos amigos polo seu proveito. Polo tanto Aristóteles esta describindo a un ser sen maldade que pensa máis na fermosura dos actos, a cal se identifica co benabsoluto, máis que no proveitoso, ou ben para un mesmo. É dicir creen ou son máis predispostos para os ideais que para realidade material. Aristóteles móstranos a parte máis visible dos mozos, pero esquecese da súa parte interior, é dicir o pensamentos e inquietudes que os mozos teñen, a cal pódeos levar á busca do coñecemento. Esta busca, nesta etapa, pode ser moito máis intensa que nas outrasidades, debido a inquietude do “non saber” e a natureza impulsiva dos mozos. Partindo desta idea encontrámonos cunha visión do mozo distinta á aristotélica, dado que o mozo usaría o seu potencial para fortalecer a súa razón, defendendo as ideas que crea necesarias posto que debido a ser valorosos e elixirían aos seus amigos debido á achega vital e intelectual da cal se poida beneficiar. Aristóteles noncontempla esta posibilidade debido a que viviu nunha etapa na que o cambio social non era habitual, pero hoxe sabemos que as persoas, os gobernos e as necesidades cambian. As novas necesidades implican novas ideas que son defendidas pola xuventude a cal é máis propensa a aceptar os cambios que se producen na sociedade.
O capitulo XIII, esta dedicado á vellez a cal é presentada como cara oposta áxuventude. Os anciáns non son ardorosos coma os mozos, debido a que viviron moito que teñen unha experiencia vital moito máis importante que calquera mozo. Tamén debido a esta experiencia, son receosos con todo o mundo e buscan o proveitoso por enriba do fermoso, o que fai que sexan desvergonzados. Mentres que os mozos son valorosos eles son covardes e rexeitan o perigo . Ademais en canto á...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Retorica
  • Retoricas
  • retorica
  • Retórica
  • la retorica
  • Retorica
  • La Retorica
  • Retorica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS