Sexenio Democrático

Páginas: 8 (1757 palabras) Publicado: 29 de diciembre de 2013
Baseándote nos documentos que se presentan, debes realizar unha composición que teña por tema central a evolución política durante o Sexenio democrático (1868-1874). Debes comezar por comentar as circunstancias que conduciron á expulsión do trono de Isabel II e as aspiracións dos revolucionarios triunfantes (Doc.1). A Constitución de 1869 supón a instauración dun novo réxime político, que debescaracterizar nos seus trazos esenciais (Doc.2). As razóns do fracaso da fórmula monárquica (Doc.3), a implantación do réxime republicano que a sucede e do proxecto federal (Doc.4) que se intenta instaurar deben integrarse tamén na túa redacción. Para concluír, podes aludir ao fracaso final da República e á súa substitución por un novo réxime.

Doc.1.-O 27 de setembro de 1868, a Xunta de Gobernode Málaga súmase con esta proclama á revolución coñecida como Gloriosa:
“Aspiramos á liberdade de conciencia (...). Imos, pois, establecer a liberdade de cultos. Aspiramos á liberdade de sufraxio (...), proclamamos o sufraxio universal.
Aspiramos á liberdade da razón, e queremos o ensino libre, e que o pensamento escrito circule sen traba. Aspiramos, en fin, á liberdade económica e deasociación (...). Queremos Cortes Constituíntes, expresión fiel da soberanía da Nación, para que promulguen unha
Constitución (...). Cidadáns: ¡Viva a liberdade! ¡Viva a soberanía nacional! ¡Abaixo os Borbóns!”.

Doc.2.-Constitución de 1869:
“A Nación Española, e no seu nome as Cortes Constituíntes, elixidas por sufraxio universal, desexando afianzar a xustiza, a liberdade e a seguridade, e prover aoben de cantos vivan en España, decretan e sancionan a seguinte Constitución (...):
Art. 17. Tampouco pode ser privado ningún español: do dereito de emitir libremente as súas ideas e opinións, xa de palabra, xa por escrito (...). Do dereito de reunirse pacificamente. Do dereito de asociarse para todos os fins da vida humana que non sexan contrarios á moral pública (...).
Art. 32. A soberanía resideesencialmente na nación, da cal emanan todos os poderes.
Art. 33. A forma de goberno da Nación Española é a Monarquía.
Art. 34. A potestade de facer as leis reside nas Cortes. O Rei sanciona e promulga as leis.
Art. 35. O poder executivo reside no Rei, que o exerce por medio dos ministros.
Art. 36. Os tribunais exercen o poder xudicial”.

Doc.3.-Abdicación de Amadeo I (11 de febreiro de1873):
“Dous anos longos hai que cingo a coroa de España, e a España vive en constante loita, vendo cada día máis distante a era de paz que tanto desexo (...). Todos invocan o doce nome da patria, todos pelexan e axítanse polo seu ben; e entre o fragor do combate, entre o confuso, atronador e contraditorio clamor dos partidos, entre tantas e tan opostas manifestacións da opinión pública, é imposibleafirmar cal é a verdadeira, e máis imposible aínda atopar o remedio para tamaños males. Busqueino dentro da lei ansiosamente e non o atopei. Fóra da lei non ha buscalo quen prometeu observala (...). Estas son, señores deputados, as razóns que me moven a devolver á nación, e no seu nome a vosoutros, a Coroa que me ofreceu o voto nacional (...)”.

Doc.4.-Proxecto de Constitución federal de 1873:“Art. 1. Compoñen a Nación Española os Estados de Andalucía Alta, Andalucía Baixa, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias (...).
Art. 39. A forma de goberno da Nación Española é a República federal (...).
Art. 42. A soberanía reside en todos os cidadáns, e exércese en representación súa polos organismos políticos da República constituída por medio do sufraxio universal.
Art. 43. Estes organismosson: o Municipio, o Estado rexional, o Estado federal ou Nación (...).
Art.45. O poder da Federación divídese en poder lexislativo, poder executivo, poder xudicial e poder de relación entre estes poderes”.


En la década de 1860 se hace patente el descontento existente entre prácticamente toda la clase política del país contra la reina Isabel II. En 1866, demócratas y progresistas habían...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Sexenio democratico
  • Sexenio Democrático
  • El Sexenio Democratico
  • Sexenio Democrático
  • sexenio democratico
  • El Sexenio Democratico
  • Sexenio democrático
  • Sexenio democratico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS