Te Rica Tema 8

Páginas: 7 (1719 palabras) Publicado: 15 de abril de 2015
Tema 8: A reestruturación dos espazos industriais
Situación actual da industria en España e Galicia.
- Desafíos: problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e consecuencias da
incorporación á Unión Europea.
- Tendencias recentes da industria en España: globalización e deslocalización.

España é un país integrado no conxunto dos países industriais do mundo. Pero o
desenvolvemento enEspaña da actividade industrial non acadou un nivel notable ata a segunda
metade do século XX. A crise industrial de 1974, que evidenciou a necesidade de cambiar os
sistemas de produción, coincidiu coa revolución tecnolóxico-informática. Desenvolveuse así unha
nova etapa denominada postindustrial ou informacional e tamén terceira revolución industrial que deu
lugar a novos modelos de empresas cunhaimportancia crecente das novas tecnoloxías, a innovación
e a investigación. O ingreso de España na Unión Europea supuxo a fin de todo proteccionismo e a
apertura do mercado á competencia exterior, o que provocou unha reconversión industrial e o peche
de moitas industrias non competitivas.
Situación actual da industria española
A industria española despois da súa entrada na Unión Europea viviu unproceso de
modernización produtiva, aínda que tivo que superar un período de crise a partir do ano 1990 que se
agudizou no ano 1993. A mediados dos noventa a industria española, xa recuperada, convertérase
no sector de actividade máis produtivo grazas á moderación salarial e á flexibilidade na contratación
laboral. A economía crecía por riba da media europea e aumentaba o investimento español nospaíses da Unión Europea mentres que en Portugal, o norte de África e Latinoamérica se instalaban
empresas españolas.
A industria tivo un bo ritmo de crecemento de vendas, produción e demanda aínda que vai
perdendo importancia dentro do conxunto de actividades económicas a causa da terciarización xeral
do emprego.
No entanto, en 2007 xorde a crise financieira en Estados Unidos e aféctalle a economíamundial.
Na Unión Europea iniciouse unha tendencia xeral á baixa, que en España se reflicte cunha recesión
da carteira de pedidos, un aumento dos stocks e unha desaceleración do emprego.
Os desafíos da industria española
A industria española presenta diversos problemas estruturais que afectan negativamente á súa
competitividade fronte á economía europea e á global:

- Existe un escaso número degrandes empresas, xa que dominan as pequenas e medianas
empresas; estas teñen a vantaxe de adaptarse mellor ás demandas do mercado e presentar
menos conflictos laborais, porén, non permite facer economías de escala, nin grandes
investimentos en novas tecnoloxías. O Instituto da Mediana e Pequena Empresa Industrial
fomenta a innovación das PEMEs e a colaboración tecnolóxica entre elas.
- A produtividadeindustrial é inferior á da Unión Europea, feito que incrementa o custo laboral. Un
dos recursos para mellorar a produtividade é a aplicación das innovacións derivadas das TIC,
pero o gasto español neste sentido está moi por debaixo do gasto da UE.
- O nivel de intensidade tecnolóxica é baixo e a porcentaxe de investimento en I+D é insuficiente
(só o 1,4% de industrias manufactureiras españolaspresentan un nivel alto de intensidade
tecnolóxica e unicamente 22 empresas españolas figuran na listaxe das mil empresas
comunitarias que máis invisten en innovación).
Isto provoca unha balanza tecnolóxica deficitaria: as principais empresas de automóbiles,
maquinaria eléctrica, aparellos electrodomésticos e produtos farmacéuticos fabrican con patentes
estranxeiras, que son unha boa fonte deingresos para os países que as crean, pero un enorme gasto
para países como España que deben pagar para a súa aplicación.
É fundamental, polo tanto, dedicarlle unha porcentaxe máis elevada do PIB a I+D e fomentar a
mellora do sistema educativo e a formación técnica laboral.
Consecuencias da incorporación de novos Estados á UE
A incorporación de novos países á UE afecta a industria española por...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • TEMA 8
  • Tema 8
  • Tema 8
  • Tema 8
  • Tema 8
  • Tema 8
  • Tema 8
  • Tema 8

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS