Tecnologías prehistóricas

Páginas: 26 (6405 palabras) Publicado: 14 de junio de 2011
ÍNDICE.
Introdución ........................................................................................................ 2
1. Industria ósea ............................................................................................... 2
1.1. Trazos e técnicas de traballo con material óseo .............................. 2
1.2. Proposta tipolóxica.......................................................................... 8
2. O espazo habitacional na Prehistoria ........................................................... 14
2.1. Paleolítico inferior ......................................................................... 15
2.2. Paleolítico medio ........................................................................... 16
2.3. Paleolítico superior........................................................................ 17
2.4. Epipaleolítico e Neolítico .............................................................. 17
3. Traballo práctico .......................................................................................... 19
3.1. Obtención e fabricación de material lítico ..................................... 19
3.2. Fabricación dun útil óseo............................................................... 21
3.3. Intentos na obtención de lume ....................................................... 22
4. Bibliografía .................................................................................................. 25

Introdución.
O traballo presente constitúe unha recompilación de todos aqueles aspectos que, dun xeito ou outro, forontratados ao longo da materia. Segundo os contidos, a estrutura da memoria dividirase en tres grandes bloques. En primeiro lugar falaremos da industria ósea, atendendo aos métodos de traballo da mesma e aos trazos que deixan nas mostras, así como aos diferentes tipos de útiles documentados. O segundo apartado está dedicado ao espazo habitacional na prehistoria, un dos puntos nos que se dividiu granparte da materia para, tras repartirse entre os alumnos, seren analizados de forma pormenorizada. Por último, no terceiro bloque describiranse os traballos prácticos realizados en clase, desde a obtención e fabricación de útiles líticos, o seu emprego no traballo dun fragmento óseo ata diferentes técnicas e intentos de obter lume con medios e materiais que se poderían atopar na Prehistoria.

1.INDUSTRIA ÓSEA.
1.1. Trazos e técnicas de traballo con material óseo.
Por industria ósea entendemos aquela industria que recorre a unha materia prima orgánica, como son os compoñentes óseos, astas ou marfil. Debido á súa composición química, o seu grado de conservación é moi inferior ao do material lítico, polo que é preciso un enterramento en condicións moi favorables para que poidamoschegar a recuperalos hoxe en día.
Para falar da industria ósea debemos empezar por definir o que é a Tafonomía, podendo afirmar que se trata daquela parte da paleontoloxía dedicada ao estudo do proceso de transición dos restos biolóxicos da biosfera á litosfera, isto é, estuda o proceso de fosilización e formación dos xacementos fósiles, englobando así o estudo de procesos físicos, químicos,xeolóxicos e biolóxicos. Ademais, a tafonomía pretende explicar as causas da presenza e ausencia de diferentes especies, as partes anatómicas, alteracións dos restos e a procedencia dos mesmos nun xacemento.
Deste xeito, partimos de que as pegadas óseas mostran evidencias biolóxicas e xeolóxicas ademais da información sobre a orixe antrópica ou natural do conxunto óseo do xacemento. Falamos así dediferentes sinais:
o Sinais de animais por dentes ou gadoupas de carnívoros, dentes de roedores e logomorfos ou dentes de herbívoros..
o Sinais de orixe ósea como marcas de sucos vasculares como nervios ou vasos sanguíneos.
o Sinais químicas: Alteracións do aspecto externo da peza, tanto na textura como na cor por raíces, fungos e bacterias que actúan de forma corrosiva polos compoñentes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Tecnología Prehistórica
  • Prehistora
  • Eras prehistoricas
  • eras prehistoricas
  • Teatro Prehistorico
  • Animales prehistoricos
  • Estetica prehistorica
  • comunicación prehistorica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS