Tema 7

Páginas: 33 (8213 palabras) Publicado: 27 de abril de 2015
Os contidos da moral. Tema 7
Os seres humanos podemos decidir qué facer coas nosas vidas
e para iso dispoñemos dunha ferramenta especial: a moralidade, a
capacidade de distinguir entre o que é (o que hai, o que
percibimos, o que ocorre, o que facemos, o que la ciencia pode
investigar) e o que debería ser (o que valoramos, o que nos
merecemos, o que deberíamos facer, o que a moral aspira aregular),
a capacidade de poder marcarnos horizontes razoables de ideais.
1.-A orixe da capacidade moral
1.1.-Razón e emocións
A resposta á pregunta sobre a orixe da capacidade moral do
home dependerá da concepción antropolóxica sustentada, é dicir, do
que entendamos por ser humano.
Aqueles que consideran ao ser humano basicamente como ser
racional, cren tamén que o ben e o mal poden coñecerse e, una
vezcoñecidos, servir de guía para a conduta moral. É o
racionalismo moral defendido por Sócrates ou Platón, que
defendían o intelectualismo moral, é dicir, que non só podemos
coñecer o ben, senón que o feito de coñecelo nos impulsa a facelo, y
quen actúa mal é porque non sabe o que é o ben.
O intelectualismo moral identifica o Ben co saber e o mal
coa ignorancia: o sabio é bo e o malo é ignorante.Segundo
Sócrates, abonda saber qué é o Ben para ser bos; se alguén
fai o mal é por ignorancia, porque descoñece o Ben: ninguén se
equivoca querendo, por tanto, quen obra mal é porque non sabe ...
De aí que, Sócrates se esforce en definir os conceptos
morais, porque só se pode ser xusto se se sabe qué é a xustiza, so
se pode ser valente se se sabe que é a valentía, so sabendo lo que é
bo pódeseobrar ben ...
As
consecuencias
sociais
do
intelectualismo
moral: eduquemos, ilustremos ás persoas e farémolas boas; fóra as
cárceres e os castigos, pois no fondo ninguén é culpable senón
ignorante: non debe haber castigos senón instrucción; e en vez de
cárceres, escolas ...
Platón acepta fundamentalmente a identificación socrática
entre virtude e coñecemento. Pola súa propia natureza o home
busca oben, pero se descoñece o ben pode tomar como bo,
erroneamente, calquera cousa e, en consecuencia, actuar
incorrectamente; a falta de virtude é equivalente, pois, á ignorancia.
Só quen coñece a Idea de Ben pode actuar correctamente, tanto no
público como no privado. Cando alguén elixe una actuación mala
faino crendo que a conduta elixida é boa, xa que ninguén opta polo
mal adrede. Neste sentido avirtude cardinal sería a prudencia, a

1

capacidade de recoñecer o que é verdadeiramente bo para o
home e os medios de que dispón para alcanzalo.
Outros insisten na importancia das emocións e os sentimentos e
defenden que o ben e o mal non son ideas, senón sentimentos.
É o chamado emotivismo moral que defende, por exemplo, D.
Hume.
Ata a chegada da filosofía moderna pretendíase fundar a moral
narazón. Isto, outorgaba aos xuízos morais obxectividade. Críase
que a moralidade do ser humano fundamentábase na súa
racionalidade, e en virtude desta establecíase o bo e o malo.
O emotivismo oponse ao intelectualismo moral.
Hume entende que o intelectualismo moral comete varios
erros:
-pretende deducir normas morais a partir de feitos e polo tanto
comete unha falacia (falacia naturalista), dado queo coñecemento de
dos feitos amósanos cómo son estes, non cómo deben ser. Na
falacia naturalista dáse un salto ilexítimo do ser ao deber ser.
O sistema moral racionalista di: o ser humano é racional, por
tanto debe buscar o ben e evitar o mal. De onde sae que o “es”
convértase en “debe”?.
-a lóxica non nos impulsa por si soa á acción, os sentimentos
son os que realmente nos empuxan; e por último,-aínda que a razón nos axude a comprender cales son as
consecuencias das accións, isto é insuficiente para fundamentar a
experiencia moral.
Para Hume a razón é incapaz de influír na conduta, non
pode ser a orixe do bo e do malo. As acciones son “laudables” ou
“censurables”, pero non racionais ou irracionais. A distinción entre
ben e mal non ven da razón xa que a función da razón é descubrir a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • tema 7
  • Tema 7
  • tema 7
  • tema 7
  • tema 7
  • Tema 7
  • Tema 7
  • TEMA 7

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS