Texto narrativo -Galego-
No texto narrativo relátanse feitos e acontecementos (reais ou imaxinarios) sucedidos ao longo do tempo.
Son textos narrativos as novelas, os contos ou relatos breves, textoshistóricos, biografías, noticias e crónicas xornalísticas...
TRAZOS LINGÜÍSTICOS
- Predominio da frase verbal e sobre todo dos verbos de acción e proceso.
- Predominio de tempos verbais perfectivos,especialmente do pretérito perfecto e o pluscuamperfecto de indicativo (estes tempos verbais expresan accións terminadas, unhas accións rematan e pasan a outras sucesivamente).
- Importancia dosadverbios e expresións temporais (p.e. Mentres, despois... / Ás nove da noite, ao principio...) Con estas expresións marcan a progresión temporal no acontecer dos feitos.
- Alternancia de oraciónsbreves (crean un ritmo rápido; predomina a coordinación) ou longas (crean un ritmo lento; predominio da subordinación) dependendo do ritmo narrativo que se busca no momento.
ELEMENTOS DA NARRACIÓNEstrutura
- Introdución-nó-desenlace (Presentación de personaxes, feitos, tempo e lugar / Exposición dos acontecementos / Remate da historia)
- In medias res (no medio). Iníciase o relato cunsfeitos para logo ofrecer acontecementos anteriores e posteriores (que explican os primeiros).
- Flashback (volta atrás). A narración empeza polo final, para despois volver ao comezo e contar os feitos enorde cronolóxica
Narrador
- Omnisciente. Usa 3ª persoa do singular e coñece o que pensan ou senten os personaxes.
- Protagonista. Emprega a 1ª persoa do singular e relata os feitos desdedentro da historia, como o seu protagonista.
- Testemuña. Usa a 1ª ou a 3ª persoa do singular e é un simple espectador da historia. Conta o que ve.
Personaxes (Son persoas, pero en ocasións poden seranimais ou cousas)
- Principais (entre eles o protagonista). Son o motor da acción e están caracterizados de forma máis completa.
- Secundarios. Teñen unha participación menos relevante na...
Regístrate para leer el documento completo.