XG00140601_9999998874

Páginas: 11 (2618 palabras) Publicado: 10 de noviembre de 2015
Veleno tinto
Ramón Carredano Cobas
XERAIS

FICHA
Título:
Autor:
Editorial:
Colección:
Nº páxinas:
ISBN:

TÉCNICA

Veleno tinto
Ramón Carredano Cobas
Edicións Xerais de Galicia
Fóra de Xogo
192
978-84-9782-723-2

O

AUTOR

RAMÓN CARREDANO COBAS (Noia, 1950)

2

Traballa na banca. Entra as súas afeccións destaca a música e o teatro, no que traballou
con Xosé Agrelo.
Como escritor colabora nasrevistas Casa da Gramática do IES Virxe do Mar e Alameda
do Liceo de Noia. Ten publicadas as novelas Frei Samuel e A unlla da aguia, ambas ganadoras do certame de relatos de aventuras Avilés de Taramancos. Con Unha branca de cobre
para Martiño acadou o Premio Merlín de Literatura Infantil.

O

LIBRO

Veleno tinto. Unha aventura de Frei Martiño, é a continuación da obra Frei Martiño, na
que estepersonaxe, ao ser introducido nunha nova aventura, semella consolidarse.
Corre o inverno de 1319 cando frei Samuel, un monxe sandador do mosteiro de
Toxosoutos baixa a Noia. Alí terá un encontro co bispo Berenguel de Landoire que o invita coa intención de agradecerlle o servizo que este lle ofrecera na súa loita contra os que
pretendían apartalo do bispado de Compostela.
Nestas circunstancias, a mortedun dos criados da casa, envelenado por beber dunha xerra
de viño quente, porá en marcha as investigacións do monxe para coñecer o motivo e o
autor deste crime.
Unha novela de intriga que forma parte dunha serie, neste momento de dúas obras, acerca deste detective medieval. Como fondo e trama as intrigas políticas dunha época e as
relacións humanas de calquera tempo.

TEMAS

E VALORES

• O poderda dedución.
• Tempos históricos. A historia novelada.
• Personaxes singulares.
• Detectives en todo tempo.
• Mosteiros e monxes na Idade Media.
• A loita polo poder no medievo.

3

ACTIVIDADES
A proposta de actividades que segue xorde das múltiples opcións de xogo arredor do texto. Nunca
deben ser tomadas, de maneira que non sexa simplemente a apertura dun abano de posibilidades para
comprendeloalgo mellor, darlle voltas, repensalo…
Cada mediador deberá escoller aquelas actividades que lle resulten máis adecuadas para o seu alumnado
ou a dinámica do grupo, tendo en conta os intereses que o guían; ou creará as súas propias, baseándose
nas que a continuación se deseñan.
De calquera maneira, o máis importante dunha historia é lela e comentala. Realizar algunha actividade en torno a estalectura ha de ser, en todo caso, complementario do anterior, pero nunca debe ocultar o obxectivo principal: ler e gozar da obra.
ANTES DA LECTURA:

4

• Co libro na man anticiparemos o seu contido. Observando as capas imaxinaremos de que pode tratar e o que imos atopar nel.
• Atenderemos ao que nos suxira o título e a ilustración da portada.
• Xogamos co título, cambiando determinadas palabras.Pensamos se este título nos lembra outros.
• Escribimos un texto para este título.
• A lectura do texto que aparece na contraportada axudaranos a adiantar o tema e o argumento do
mesmo. Deixamos que vaian aflorando os coñecementos previos acerca deste tema, falamos doutros
libros que tamén o teñan tratado
• Identificamos o autor e comentamos o que saibamos acerca del; podemos axudarnos coa lectura doapartado que leva o título «O autor», para falar doutros libros del que teñamos lido.
• Realizamos unha busca na rede por se atopamos algo diferente co que completar esta biobibliografía.
• Podemos falar da colección, doutros títulos que coñezamos e da opinión que nos mereceron.
• O libro semella a segunda entrega do Premio de relato de aventuras Avilés de Taramancos Frei Samuel,
o que será unhaboa ocasión para poñernos ao tanto deste certame e de quen o ten recibido con anterioridade.
• Comentamos a dedicatoria. Podemos documentarnos acerca de quen son as dúas persoas ás que llo
dedica. Unha vez lida a novela pensamos a quen lla dedicariamos e con que palabras.
• Despois da dedicatoria, aparecen uns agradecementos dirixidos a un historiador e un xeógrafo noiés
que colaboraron co autor...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS