A crise do 29

Páginas: 8 (1965 palabras) Publicado: 30 de mayo de 2011
TEMA 9: A crise do 29
1. Introdución: no período entre guerras atopámonos cun feito histórico de gran magnitude: A CRISE DO 29.
Desde a II Revolución Industrial o capitalismo sufriu crises cíclicas compostas por fases de depresión seguidos por outros de alza económica- Pero a crise do 29 non corresponde a unha fase depresiva. Trátase dun trastorno do sistema capitalista moito mais fondo.
Acrise iniciouse coa caída da bolsa de Nova York e como consecuencia da importancia económica dos Estados Unidos, esta estendeuse a outros países de área capitalista.
As principais consecuencias da crise supón en primeiro lugar unha remodelación do sistema capitalista por medio da introdución dunha política intervencionista por parte do Estado. En segundo lugar o paro alcanza cifras alarmantes epor último unha gran inestabilidade social que contribúe o fortalecemento dos fascismos.

2. Causas da gran depresión: a maioría dos especialistas inciden en tres causas.
a) Sobreprodución: existe sobreprodución cando se produce máis do que se consume e as causas destas son as seguintes:
* Distribución desigual da riqueza polo que o consumo quedaba limitando a un sector reducido daprodución. Galbraith sinala que o 5% da poboación recibía a 3ª parte da renda nacional.
* Mantemento de prezos pactados polas empresas que esixían grandes cantidades de stocks.
* Desfase entre prezos agrícolas e industriais.Os primeiros medran máis lentamente que os segundos provocando a diminución do poder adquisitivo dos campesiños.
* Os países recuperados da I Guerra Mundial empezan aproducir aumentando o problema da sobreprodución.
b) O desorde monetario: a perdida do sistema do patrón ouro creou un desorde monetario e ninguén confiaba no valor das moedas dificultando enormemente o comercio. Para saír desta situación de incertidume convocouse en 1922 a conferencia de Xenoba onde se establece o emprego de divisas clave, que serán o dólar e a libra esterlina. Estacircunstancia determinou que o comercio internacional se realizara a través destas dúas moedas.
c) A desigual e relativa recuperación económica: logo da I Guerra Mundial e a partir do ano 1924 empeza a producirse unha tendencia e alza na economía mundial. Pero de feito pode afirmarse que unicamente os Estados Unidos tiveron unha verdadeira recuperación económica que se apoiaba na expansión do consumode masas especialmente en dous sectores novos: o do automóbil e o dos electrodomésticos. O resto dos países experimentou unha leve recuperación.
CONSUMO DE MASAS: dáse naqueles países nos que a inmensa maioría da poboación pode aceder a maioría dos produtos que hai no mercado.

3. A especulación na bolsa de Wall Street: resulta evidente que a causa principal da caída da bolsa de Nova York foia especulación bursatil.
Os anos 20 foron bos pos Estados Unidos e as ansias de enriquecemento da súa poboación non tiñan límites, todos querían enriquecerse e ademais co mínimo esforzo e no menor tempo posible.
Por iso a especulación chegou a bolsa de Nova York pola incesante subida do prezo das accións e o desexo de enriquecemento. Nesta especulación bursatil non só entraron as clasespodentes senón tamén os campesiños, os obreiros e os empregados, que en moitos casos solicitan créditos os bancos para a compra de accións e estas concedíanllos porque todos confiaban na rendablidade da bolsa.
Pero unha actuación desta índole non podía durar de forma indefinida, xa que, o prezo das accións non estaba en relación coa marcha das empresas.
¿Cómo e por qué se mantivo esta situaciónespeculativa? As razóns foron varias:
a) Inflación monetaria (gran cantidade de diñeiro no mercado) que facilitaba a adquisición das accións.
b) A banca obtiña o diñeiro da reserva federal o 5% e prestábao os compradores de accións o 12%. O negocio era bo e polo tanto a banca desexaba que esta situación perdurase durante moito tempo.
c) A psicoloxía das masas que estaban convencidas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A crise do 29
  • Crise Do Sector Lacteo
  • Crise Do Socialismo Real
  • Crise Do /93 = Crise Do/08
  • A Crise Do Antigo Réxime
  • A crise do antigo rexime
  • A Crise Do Ántigo Réxime
  • cris

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS