A crise do antigo rexime

Páginas: 29 (7069 palabras) Publicado: 10 de febrero de 2015
UNIDADE 1
A CRISE DO ANTIGO RÉXIME. ILUSTRACIÓN E REVOLUCIÓN
Por Antigo Réxime entendemos o sistema económico, social e político que
procedía da descomposición do feudalismo medieval, e que estivo en vigor ata
o liberalismo en Europa.
Os revolucionarios franceses de 1789 chamábanlle Antigo Réxime ao estado
de cousas anterior á Revolución, que a propia revolución lle puxera fin.
Ascaracterísticas básicas do Antigo Réxime son as seguintes:
Unha economía de base agraria, señorial, unha poboación cun réxime
demográfico antigo, unha sociedade de tipo estamental e unha política
caracterizada polo absolutismo monárquico.
Durante o século XVII e especialmente no XVIII, haberá forzas que loitarán por
destruílo, como son a aparición de novos grupos sociais (a burguesía), novasnecesidades económicas (desenvolvemento do capitalismo comercial) e un
pensamento novo (a Ilustración) farán que o século XVIII sexa o século da fin
dunhas estruturas e a aparición doutras novas.
O século XVIII supuxo para gran parte de Europa unha época de prosperidade
económica. O desenvolvemento económico foi acompañado da difusión de
novas ideas que conseguiron ir creando unha especie de "opiniónpública" que
poñía en cuestión o pensamento tradicional.
Europa a finais do
século XVIII

1.- Economía de base agraria.
A economía do Antigo Réxime era basicamente rural, entre o 80 e o 90% da
poboación dedicábanse a tarefas agrícolas, o que lles proporcionaba case o
75% da producción de bens.
A maior parte da producción dedicábase ao autoconsumo, polo que os
intercambios comerciaiseran escasos e dificultados pola mala estructura do
sistema de transporte.
Pero tamén existían actividades de tipo artesanal e industrial, destinadas
especialmente ao comercio ultramarino.
Propiedade da terra.
1

A terra era a fonte máis importante da riqueza.
Ata o século XIX, a meirande parte da terra pertencía á nobreza, ó clero e ós
concellos. A nobreza e o clero arrendaban as súaspropiedades ás familias
campesiñas a cambio dunha renda. Os concellos posuían terras comunais,
pertencentes a todos os veciños. Unha parte arrendábana ós máis pobres a
cambio dunha pequena suma e a outra servía para que os veciños obtivesen
abono vexetal, leña ou pastos para o gando. Gran parte das terras da nobreza,
todas as do clero e as dos municipios non se podían dividir, vender nin mercar.A isto chamábaselle vinculación ou amortización.
A propiedade vinculada permitía sacar proveito dela ao seu titular e exercer
xurisdicción sobre ela.
Lembrade como estaba distribuída a terra nun señorío: A reserva señorial
formada polas terras máis produtivas que estaban reservadas para o señor e a
súa explotación directa. Alí estaban a casa do señor e os establecementos
principais como oforno ou a forxa, ou o muíño, e os campesiños tiñan que
pagar un canon polo seu uso.
Logo estaban os mansos que eran repartidos entre as familias campesiñas
segundo o seu tamaño. O señor cedía estas terras ou ben a campesiños libres
en usufructo ou a servos que lle aseguraban prestacións de traballo e de
productos.
Os dereitos señoriais eran os beneficios de todo tipo que recibían os señores.Había o señorío xurisdiccional que lle daba ao señor o dereito a exercer
xurisdiccións de tipo público sobre as súas posesións e sobre as terras de
propietarios libres. Ex.: dereito de ban, outorgáballe a facultade de dar ordes e
regulamentos nos seus dominios; dereito de inmunidade que lle daba
autonomía ás súas terras respecto do poder real, ou dereito de xustiza que lle
permitía xulgarás persoas do seu territorio e incluso aos transeúntes.

2

Ademais de tódolos tributos, peaxes, multas e dereitos de paso engadíase o
décimo (diezmo) que obrigaba a tódolos campesiños a entregar a décima parte
das colleitas, no caso da Igrexa para asegurar o mantemento do culto e do
clero.
A agricultura era tradicional, de subsistencia e dedicada ao policultivo de base
cerealística....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A Crise Do Antigo Réxime
  • españa do antigo rexime
  • A CRISE DO ANTIGO RÉXIME E A REVOLUCIÓN LIBERAL
  • A Galiza do antigo rexime
  • O Antigo Réxime
  • Antigo Réximen
  • O antigo réxime (gallego)
  • O Rexime Antigo Tema 1 Sociais

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS