A Crise Do Antigo Réxime

Páginas: 15 (3660 palabras) Publicado: 13 de diciembre de 2012
A crise do Antigo Réxime
1.- A crise do reinado de Carlos IV (1788-1808)
1.1- A monarquía de Carlos IV
Carlos IV separou do goberno aos ministros ilustrados e confioulle o poder a un mozo militar, Manuel Godoy. A elección amosaba a absoluta desconfianza do monarca nos círculos nobiliarios da corte e o desexo de atopar unha persoa de cuxa fidelidade puidese estar seguro.
A execución domonarca francés, Luís XVI, impulsou a Carlos IV a lle declarar a guerra a Francia, en coalición con outras monarquías absolutas. A derrota das tropas españolas foi inapelable e a paz de Basilea subordinou España aos intereses franceses. A partir dese momento a política española vacilou entre o temor a Francia e o intento de pactar con ela para evitar o enfrontamento co poderoso exército napoleónico. Asalianzas con Francia derivaron en conflito con Gran Bretaña. As hostilidades desenvolvéronse en dúas fases e a batalla de Trafalgar constituíu o feito máis relevante. A armada francoespañola foi destruída, o que supuxo a perda de case toda a flota de Carlos IV.
O desastre naval acentuou a crise da Facenda real, agravada pola redución dos ingresos. Godoy recorreu ao endebedamento e ao aumento dascontribucións e presentou reformas como a desamortización de terras eclesiásticas, co fin de conseguir recursos para o Estado. Foron medidas ineficaces que provocaron unha ampla oposición. A nobreza e a Igrexa amosáronse contrarias ás reformas de Godoy. O seu poder aumentou o rexeitamento do fillo do rei, Fernando, que temía verse desprazado por Godoy ante o seu pai.
Os impostos sobre ocampesiñado provocaban o descontento popular, que se vía incrementado polas epidemias, a fame e a escaseza, pola falta de articulación do mercado interior, que impedía abastecer os territorios necesitados. A incapacidade para resolver esta situación alimentou motíns e revoltas, que responsabilizaban a Godoy da grave situación de crise.

1.2- O motín de Aranjuez
A situación anterior deteriorouse máiscando Godoy asinou un tratado con Napoleón (Tratado de Fontainebleau), que autorizaba aos exércitos napoleónicos a entraren en España para atacar Portugal, aliada de Gran Bretaña. A cambio, pactaríase unha futura repartición de Portugal entre Francia e España. Os franceses atravesaron os Pirineos e a súa presenza foi aceptada polas autoridades borbónicas. As tropas situáronse en Barcelona, Vitoriae Madrid.
O 18 de marzo de 1808 estalou o motín de Aranjuez, onde se atopaban os reis, que aconsellados por Godoy se retiraron cara o sur. O motín perseguía a destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV no seu fillo Fernando,ao redor do cal se uniran os que querían acabar con Godoy.
Os amotinados conseguiron os seus obxectivos e fixeron unha crise profunda na monarquía española. Carlos IVescribiulle a Napoleón contándolle os acontecementos e pedíndolle a súa axuda para recuperar o trono que lle fora arrebatado polo seu propio fillo. O emperador decidiuse a invadir España, ocupar o trono e engadir o país ao Imperio.

1.3- A monarquía de Xosé Bonaparte.
Carlos IV e Fernando VII foros chamados por Napoleón a Baiona e os dous renunciaron aos cargos ante Napoleón. Lexitimado polasabdicacións, Napoleón nomeou ao seu irmán Xosé rei de España, aprobou unha Constitución que acabase co Antigo Réxime e o seu irmán pasou a chamarse Xosé I. O novo código de Baiona recoñecía a igualdade dos españois ante a lei, os impostos e o acceso aos cargos públicos.
Xosé I iniciou unha experiencia reformista, que pretendía a liquidación do Antigo Réxime e que se concretou na anulación doréxime señorial, na desamortización das terras da Igrexa e na desvinculación dos morgados e terras de mans mortas. Foi unha reforma que contou con escasos apoios e unha total incomprensión.

2.- A Guerra da Independencia (1808-1814)
2.1- A revolta popular e a formación de Xuntas
O 2 de maio de 1808, o resto da familia real preparábase para partir cara Baiona, onde se cría que Napoleón tiña...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A crise do antigo rexime
  • españa do antigo rexime
  • A CRISE DO ANTIGO RÉXIME E A REVOLUCIÓN LIBERAL
  • A Galiza do antigo rexime
  • O Antigo Réxime
  • Antigo Réximen
  • O antigo réxime (gallego)
  • O Rexime Antigo Tema 1 Sociais

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS