A Lingua Das Bolboretas

Páginas: 8 (1761 palabras) Publicado: 17 de abril de 2012
FICHA TÉCNICA
Pais: España
Ano: 1999
Xénero: Drama | Infancia
Duración: 97 min.
Dirección: José Luis Cuerda
Guión: Rafael Azcona, José Luis Cuerda.
Música: Alejandro Amenábar
Reparto: Fernando Fernán-Gómez, Manuel Lozano, Uxía Blanco, Gonzalo Uriarte, Alexis de los Santos, Guillermo Toledo, Tamar Novas
Sipnosis: Finais de inverno de 1936. Nun pequeno pobo galego, Moncho, un neno de 8anos, incorpórase á escola tras unha longa enfermidade. A partir dese momento comeza a súa aprendizaxe do saber e da vida da man do seu amigo Roque e do seu peculiar mestre (Fernando Fernán Gómez), que lles inculca coñecementos tan variados como a orixe da pataca ou a necesidade de que as linguas das bolboretas teñan forma de espiral. O 18 de Xullo todo romperá. Neste novo marco, os valores eprincipios inculcados serán relegados, e a relación entre aprendiz e mestre verase truncada.

PREGUNTAS PARA O DEBATE E A REFLEXIÓN

1.- ¿Que escenas che impactaron máis? Descríbeas e xustifica a resposta
A escena que máis me chamou a atención foi cando Don Gregorio é apresado e intúese que é enviado para fusilalo. Moncho perde a súa inocencia debido as circunstancias da época e insulta a DonGregorio ( ateo, rojo, rojo..) obrigado pola súa nai, aínda que iso significase ir en contra do seu ben querido mestre. As últimas palabras que el lle di o mestre “Tilonorrinco” son moi significativas, posto que formaban parte das súas ensinanzas.

2.- A película desenvolvese nun contexto no que as ideas da Institución Libre de Ensinanza orientan a actividade pedagóxica. ¿Cales serían estas ideas?¿Como se ven reflectidas na película?
A II República levou consigo cambios sociais e ideolóxicos en España, de feito naceu con un programa de reforma global do sistema educativo que foi a Institución Libre de Ensinanza, que incluía a construción urxente de escolas, a dignificación do mestre con un aumento substancial das súas retribucións, o fomento dunha pedagoxía activa e participativa e unhaconcepción laica da ensinanza.
Na película vense reflectidas na figura do mestre, Don Gregorio, sobre todo nunha época na que os alumnos estaban acostumados a un autoritarismo por parte do mestre, onde os nenos e nenas eran meros espectadores, que debían memorizar e responder adecuadamente para non ser sancionados con castigos físicos. Don Gregorio é o contrario a esa metodoloxía; trata de infundirnos nenos o afán por saber e por coñecer. Segue unha metodoloxía baseada na exclusión dos castigos, que se substitúen por reconciliacións e estreitamento das mans como símbolo de perdón, así como na extensión da aula á vida, mediante a exploración da natureza e do que nela habita. Fai que os nenos se involucren no qué facer diario da clase e mostra disto é a petición que fai a un neno para quelea en voz alta, de pé e para todos os compañeiros un poema de Antonio Machado. A orde, o silencio e a atención non eran impostas directamente. Cando os alumnos están alborotados na aula, o mestre cala e espera a que eles mesmos se dean conta e así garden silencio. É como unha forma de impoñerse e mostrar o seu enfado, como un xeito de castigalos facéndoos sentir abandonados e ó mesmo tempopredicar co seu propio exemplo.

3.- ¿Cres que existe algún punto en común entre o modelo de ensinanza-aprendizaxe que se presenta na película e a realidade da escola a día de hoxe? Argumenta a túa resposta.
Para a miña opinión, algún punto en común si que existe. A escola de hoxe en día tamén vai encamiñada a ofrecerlle ós nenos unha certa liberdade de expresión e comunicación e a formarse comopersoas, aínda que considero que non se inculcan tantos valores como o facía Don Gregorio. Hoxe en día non se lle da tanta importancia o feito de inculcar respeto, de fomentar valores como a amizade, o perdón, a comprensión, a empatía... Penso que a escola actual céntrase demasiado en formar ás persoas en canto a coñecementos se refire e olvídase un pouco da importancia de fomentar os valores...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Lingua das bolboretas
  • A Batalla Das Linguas
  • Supervisão do ensino das línguas
  • lingua
  • Lingu
  • Lingua
  • Das Das Das
  • Dasas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS