Lingua das bolboretas

Páginas: 12 (2990 palabras) Publicado: 30 de mayo de 2015
Lea Carek

GUÍA DIDÁCTICA DE A LINGUA DAS BOLBORETAS

Relato orixinal de Manuel Rivas; ilustrado por Miguelanxo Prado.

Editorial: Galaxia, 2005.


EXERCICIOS SOBRE A LECTURA

1. Resume brevemente a trama do relato (non máis de 8 liñas).

Moncho é un rapaz de seis anos que vive en Alameda. Cordeiro, o recolledor de lixo e follas do pobo, ponlle o alcume «Pardal ». Ao principio Moncho odia aescola pero despois de coñecer ao seu mestre don Gregorio empézalle a gustar. Moncho e don Gregorio son bos amigos e fan moitas cousas xuntos. Non é normal ter unha relación así de forte cun mestre. Non fala moito co seu pai. O que quere saber del pregúntallo á súa nai e cando a súa nai lle di algo, el faino. Así foi ao final de conto cando os franquistas levaron a don Gregorio, os seus pais lledixeron que insulta ás persoas a que levaban e, a pesar de que tiña unha grande amizade con don Gregorio, o insultou e tirou pedras ao. Neste caso pódese ver que aínda é moi inxenuo por que non entende a problemática da situación.


2. Quen é o narrador? Trátase dun narrador interno ou externo? En que persoa está escrito o relato? E en que tempo verbal?

O narrador e un neno que se chama Moncho.Trátase dun narrador interno. O relato está escrito na primeira persoa en singular. En presente, pretérito e copretérito.

3. Que é un alcume? Cal é o alcume do protagonista? Quen llo puso e por que?

O alcume é nome que se lle dá coloquialmente a unha persoa en lugar do seu propio, tomado dos seus defectos físicos, morais ou doutras circunstancias. O alcume do protagonista éPardal. Este alcume púxolle o colleiteiro de lixo e follas secas porque dixo que se parece a un pardal.

4. Por que ten medo Moncho de ir á escola? Que lle sucede o primeiro día?

O seu pai contoulle historias horribles sobre os mestres e díxenlle que eles pegan os seus estudantes. O primeiro día tiña tanto medo que mexou na aula.


5. Describe física e psicoloxicamente os personaxes principaise a relación que hai entre eles
Moncho – É o personaxe principal. É un neno tímido que comezará a ter curiosidade por todo cando entra no colexio, grazas ao seu profesor.

O pai - É xastre e republicano. É un home reservado e serio.

A nai - É ama de casa, moi católica e sempre trata de inculcar as súas crenzas ao seu fillo. Respecta as ideas do seu marido en política aínda que non parece estarmoi de acordo con estas.

Don Gregorio - É o profesor de Moncho. É un ancián próximo á xubilación con cara de sapo. É un profesor que trata de que os seus alumnos aprendan non só o que esta nos libros.

6. En que época transcorren os feitos? Busca no texto referencias que nos permitan situar o relato nese momento histórico.

Os feitos transcorren na época da II República. A II República españolatranscorreu entre 1931-1936 e no texto Moncho menciona xullo de 1936 cando se cruzou con Don Gregorio na alameda.


7. A II República española transcorreu entre 1931-1936.

Entre que anos tivo lugar a I República española?
A I República Española foi o período político que viviu España dende o 10 de febreiro de 1873 até o 29 de decembro de 1874.

É España actualmente unha república? Se non, quetipo de sistema político é? Actualmente, España non é unha república. España é unha monarquía parlamentaria.



8. Cando tivo lugar a guerra civil española? Por que se denomina civil? A que bandos enfrontou e quen foi gañador? Que consecuencias políticas e sociais tivo?

Guerra civil española foi un conflito bélico que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939. Co inicio da guerra,España quedou dividida en dúas zonas: O bando republicano, tamén chamado "bando leal" ou, polos sublevados "bando roxo" e o bando nacional, tamén chamado "bando sublevado", "franquista", e "fascista". A guerra terminou coa vitoria do bando nacional e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A Batalla Das Linguas
  • Supervisão do ensino das línguas
  • lingua
  • Lingu
  • Lingua
  • Das Das Das
  • Dasas
  • Dasa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS