A miña lectura e escritura

Páginas: 5 (1101 palabras) Publicado: 12 de enero de 2015
TRABALLO AUTOBIOGRÁFICO SOBRE UNHA EXPERIENCIA SATISFACTORA
DE ENSINO E APRENDIZAXE DA LECTURA E/OU ESCRITURA
A aprendizaxe da miña lingua comezou de forma natural, algo que todos
temos en común, xa que dende bebés comezamos a dicir os primeiros sons e imos
aprendendo os fonemas da lingua que nos corresponde sen darnos conta. Antes de
comezar a escolarización xa temos bastantescoñecementos sobre a lingua, no meu
caso xa me familiarizara co falar e escoitar, e foi no colexio rural, a partir dos 4 anos,
onde comecei coa lectura e escritura.
O primeiro que recordo na ensinanza de educación infantil, é que
realizábamos unha asemblea todos os días, onde nos facían falar, expresarnos e
recordábamos o que fixeramos tanto no fin de semana como nas clases anteriores.
Nestaasemblea o mestre contábanos contos nos que producía diversas entonacións
(tristeza, enfado...), variaba o volume (voz baixa, alta, murmurios...), facía ruídos de
animais, etc. Desta maneira traballábamos a área de representación simbólica e
tamén de representación da acción, porque nestes contos o mestre sempre facía
traballar algo a expresión corporal.
Así mesmo, adentrándome noensino e aprendizaxe da lectura e escritura, o
mestre baseábase en ensinarnos a vincular os códigos oral co escrito. Pero recordo
que o facía dunha maneira moi tradicional, xa que empregábamos como recurso
básico as fichas, para así conseguir o obxectivo de aprender a lecto-escritura e o
cálculo. Esta forma de traballar, ten aspectos negativos, xa que o espazo que
empregábamos era a nosacadeira e a nosa mesa e a zona de materiais e xogos
empregábase como premio tras a realización das fichas. Por isto, non traballabamos
de maneira cooperativa, senón individualmente
O método para ensinarnos a lectura e a escritura baseábase en ir
aprendendo os signos simples (as letras) e ir formando pouco a pouco signos máis
complexos (sílabas, palabras, frases...). Deste xeito, recordoque o profesor
ensinábanos as vocais na asamblea, unha por unha. Ensinábanos a súa grafía
(letra) e relacionábaa co correspondente fonema (son). Nós repetiámolo en voz alta.
A continuación solía contarnos un conto sobre a letra “O”, por exemplo. Finalmente
rematábamos facendo as fichas sobre a letra. As actividades consistían en practicar a grafomotricidade, tendo como
obxectivoprepararse para a escritura. Consistían en repasar a liña de puntos
facendo liñas horizontais, verticais, ondas, curvas, círculos, zigzag, etc. Desta
maneira, para adentrarnos na aprendizaxe da letra “O”, comezabamos repasando
círculos, logo repasando a letra “o”, e finalmente realizándoa nos mesmos. As fichas
tamén relacionaban a letra con palabras que a contiveran e coas imaxes
correspondentes,é dicir, a “o” de oso, ovella, ola, ouvir, etc.
Teño o recordo de aprender as vocais deste xeito “coa a, araña, coa e,
elefante, coa i, iglú, coa u, uña” e tamén de ter carteis pola aula nos que se
relacionaba cada letra cunha imaxe. Tamén tiñamos un cartel no que cada
consoante representaba algo, por exemplo: a “S” era unha serpe, a “P” o panadeiro,
etc.
Seguidamente, íamosagrupando estas letras formando sílabas: p+a=a,
p+e=pe... pa pe pi po pu, e volvíamos a realizar unha ficha coas sílabas. Unha vez
aprendidas as sílabas, formábamos palabras: pe de pera.
Cheguei a conclusión, de que o meu mestre empregaba o método de marcha
sintética para a ensinanza da lectoescritura, concretamente o grafemático, porque
eu aprendín partindo da aprendizaxe das letras. Destexeito, valoro esta práctica
educativa como negativa porque en primeiro lugar, con este método os nenos non
teñen a posibilidade de elixir e aprender seguindo os seus intereses, e poden
converterse en actividades monótonas, aburridas e desmotivantes, producindo que
os nenos poidan relacionar a lectura e a escritura como algo aburrido. Por este
motivo, nas miñas clases eu realizaría un...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • lectura y escritura
  • Lectura Y Escritura
  • Lectura Y Escritura
  • Escritura y lectura
  • Lectura Y Escritura
  • Escritura y Lectura
  • Lectura y escritura
  • LECTURA Y ESCRITURA

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS