A Prosa Galega Entre 1936 E 1976

Páginas: 18 (4266 palabras) Publicado: 9 de mayo de 2012
TEMA VI.- A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA (FOLE,
BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS)
1.- Características xerais.
2.- Eduardo Blanco Amor.
3.- Álvaro Cunqueiro.
4.- Ánxel Fole.
5.- Neira Vilas
1.- Características xerais.
Debido ás adversas circunstancias históricas de posguerra, a produción narrativa en
galego viviu un período de total silencio. Foi a partir demediados dos anos 50 cando se
comezou a producir unha lenta recuperación. Cerradas e desaparecidas as editoriais de antes
da guerra, como Céltiga, Lar e Nós a actividade literaria rexurdiu na posguerra da man
doutras editoriais novas que se crean nos anos cincuenta: Galaxia, Monterrey, Xistral,
Bibliófilos galegos ... A que tivo un labor máis fecundo foi Galaxia. Esta editorial
converteuse axiña novehículo máis importante para a difusión da cultura galega.

Liñas e núcleos
temáticos

Características

Autores e obras

Continuadora da
Xeración Nós

Diversificación de temas: históricos,
realistas e tradicionais
e de técnicas: rupturas temporais,
monólogo interior...

R. Otero Pedrayo: Entre a
vendima e a castañeira.

A guerra e a represión
franquista

Refllíctese através de crónicas realistas,
a temática da guerra civil e da inmediata
posguerra.

Silvio de Santiago: O silencio
redimido.
Ramón de Valenzuela: Non
agardei por ninguén.

A imaxinación

Recreación de mundos míticos e
fantásticos de orixe árabe, nórdica,
mesturados coa imaxinación colectiva do
mundo popular.

A. Cunqueiro: Se o vello
Simbad volvese ás illas,
Merlín e familia...

Oconto popular

Reprodución literaria e culta do conto
popular sen se afastar das características
propias do relato oral

A. Fole: A lus do candil, Terra
brava.
A. Cunqueiro: Escola de
menciñeiros, Os outros feirantes.

O realismo social.

Centrado na vida das clases
traballadoras e no espazo urbano.
Ou no mundo rural e na emigración.

E. Blanco Amor: Xente ao
lonxe.
Neira Vilas:Memorias dun
neno labrego

1

2.- Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897-Vigo, 1979)
Naceu en Ourense (Auria na súa obra) e moi novo emigrou a Arxentina, onde
desenvolveu un gran labor como xornalista, chegou a ser director da revista Céltiga, do
xornal da Federación de Sociedades Galegas e de A Terra, revista literaria que el mesmo
fundou. Viaxou a España como correspondente do xornal LaNación. Nesta época, os anos da
República, tivo un estreito contacto coa xeración Nós e o Partido Galeguista. En Madrid
relacionouse co mundo literario e fixo amizade con García Lorca, feito que influíu na
creación dos poemas galegos do granadino.
Desde 1936 a súa estanza en América xa é forzada como exiliado. No ano 1965, logo
de moitos anos de traballo no exilio a prol da cultura galega,volveu a Galicia e desenvolveu
unha intensa actividade creativa e xornalística.
Produción narrativa
Blanco Amor cultivou todos os xéneros literarios. En prosa recollemos:
A Esmorga (1959). Esta obra apareceu por primeira vez en Bos Aires en 1959, a censura
impediulle a súa edición en España ata o ano 1970. Coa súa publicación Blanco Amor inicia
o camiño da renovación da narrativa galega econvértese nun dos máximos representantes do
realismo social. Os trazos que caracterizan esta corrente son:
- Ambientación en Ourense (Auria) que se converte en marco de todos os acontecementos.
- Clases máis desfavorecidas aparecendo a fame, a marxinación e mesmo a delincuencia.
- Adóptase un punto de vista en primeira persoa, o do protagonista.
- Utiliza a lingua popular.
Os Biosbardos (1962)conxunto de oito relatos contados en primeira persoa por un narrador
infantil ou adolescente. Os protagonistas dos relatos son nenos pertencentes, na súa maioría,
ás clases populares. Os seus problemas reais (a pobreza, a emigración, a descuberta do
sexo...) compoñen o universo temático da obra.
Xente ao lonxe (1972) é unha novela na que a través dos avatares que lle ocorren a unha
familia...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Poesía e prosa galega 1936/1976
  • 5.O galego de 1936 a 1975.
  • Poesia Entre 1936 E 1976
  • Galego
  • Galego
  • Galego
  • GALEGO
  • O galego durante a ditadura franquista (1936-1975)

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS