O movemento obreiro

Páginas: 7 (1710 palabras) Publicado: 20 de abril de 2014
EXAME 1: O MOVEMENTO OBREIRO
Desde mediados do século XVIII, produciuse en España un conxunto de transformacións que deron lugar á revolución industrial. Estes cambios estendéronse por toda Europa ocasionando un crecemento económico sen precedentes e deu lugar a un novo sistema, o capitalismo industrial e financieiro.
Aínda que en España o inicio da industrialización foi temperán, os seusprogresos foron inferiores aos dos países máis avanzados, pero coincidían con outros países mediterráneos. Isto permítenos falar dun patrón latino de modernización. Estaba caracterizado pola lentitude e tardanza nas transformacións, unha menor profundidade e evolución social e un desfase evolutivo.
En España predominaban as actividades relacionados co sector primario, os equipamentos, innovaciónstécnicas e investimento de capitais dependían do exterior, o que fixo que se protexeran os produtos nacionais mediante aranceis. Tamén existía un forte desequilibrio territorial e rexional con zonas atrasadas e focos desenvolvidos.
Coincidindo co inicio da revolución industrial en España, producíronse importantes cambios na estrutura e organización social española que consistiron no fin da sociedadeestamental, o crecemento da burguesía, a formación do proletariado obreiro e a organización da sociedade das clases. Estas modificacións favoreceron á burguesía, que logrou a eliminación dos obstáculos que se opoñían ao seu enriquecemento e aceso ao poder político. Na nova sociedade de clases que se formou na España liberal, burguesía e proletariado industrial constituíron grupos antagónicos.
Aburguesía constituíu o grupo ascendente da sociedade, exercendo o poder político e económico. Os seus valores e ideais impuxéronse á sociedade pero o escaso desenrolamento económico e industrial español fixo que a burguesía fose un grupo escaso que mantivo unha mentalidade pouco emprendedora e favorable ao ennobrecemento.
O proletariado desenvolveuse parello á industrialización, polo que nonconseguiu significativa importancia numérica até o século XX. Este grupo estaba formado por traballadores procedentes do campo e dos talleres artesáns arruinados pola dura competencia das máquinas. As súas duras condicións de vida os obrigaron a organizarse en organizacións reivindicativas para ir logrando melloras salariais e laborais. Entre estes dous grupos estaban as clases medias, en liñasxerais, defenderon os principios liberais e democráticos e foron favorables á introdución de reformas.
Os principios liberais de liberdade de contratación de salarios, o interese da burguesía por obter os máximos beneficios e a falta de regulación laboral fixeron que os traballadores estivesen sometidos a duras condicións de traballo. Ademais foi moi abundante o emprego de man de obra feminina einfantil, xa que o seu salario era inferior.
Ante esta situación social,comezáronse a formar as primeiras protestas obreiras en España. Estas revoltas foron moi abundantes na crise do 1917, sendo unha das causas do fin do réxime provocado polo golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera. Os obreiros racionaron ante a perda do seu traballo ou o empeoramento das súas condicións laborais mediante protestascomo a destrución das máquinas, as que consideraban as causantes dos seus males. Estas accións, que foron denominadas ludistas en honra de Ned Ludd, un traballador inglés que se ten documentado como o primeiro destrutor de máquina, iniciáronse en Levante e Cataluña e continuaron esporadicamente no resto do país.
Un deses actos de protesta é o que está reflectido no documento 1. Nel pónsenos comoexemplo o acontecido na Fábrica de Tabacos da Coruña o luns 7 de decembro de 1857 cando houbo un pronunciamento das mulleres da fábrica. A construción dun novo tipo de pitos con máquinas novas fixo que tardasen tanto en elaboralos que apenas sacaban a terceira parte do xornal que adoitaban. Polo que arremeteron contra os xefes destruíndo o tabaco e as máquinas como nunha revolución ludista....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Movemento obreiro
  • Movementos obreiros
  • Movemento obreiro
  • TEMA 8 A Revolución E O Movemento Obreiro
  • Women's movement
  • Migration movement
  • The movement
  • Thrive Movement

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS