Actividad1 Bien

Páginas: 2 (318 palabras) Publicado: 20 de abril de 2015
A motivación pódese definir como un estado interno que incita, dirixe e mantén a conduta. Mais son moitos os factores que inflúen neste proceso. Para termos unha idea da complexidade queimplica, imos supoñer que estamos nunha aula, a profesora preséntalle unha tarefa ao alumnado ante a cal se dan distintas reaccións. Indicade e xustificade o tipo de motivación que move aCatuxa e a Bieito a realizar a tarefa e inventade unha nova situación para ilustrar o outro tipo de motivación frecuentemente citado relacionándoa coa meta académica correspondente.
Catuxaquéixase de que non sabe como empezar ou de que é demasiado difícil, mais acaba realizando o quebracabezas xa que sabe que sairá ao recreo en canto acabe.
É un tipo de motivación extrínseca xaque Catuxa só fai o quebracabezas porque quere saír ao recreo que é a recompensa final, non porque teña interese en facelo. Catuxa persegue a meta de conseguir incentivos externos á súaaprendizaxe, senón tivera o premio de saír ao recreo non estaría motivada en facelo.
Bieito quere que todo sexa perfecto, de modo que comproba cada paso de clasificación coa profesora. Para el éimportante facer mellor e máis rápido que ninguén o que se propón na clase.
É un tipo de motivación de logro porque Bieito quere sobresaír, conseguir o éxito e ten unha actitude competitivacara aos seus compañeiros/as, querendo facelo mellor e antes que eles/as.
- Hoxe na clase vaise aprender os medios de transporte en inglés, Xoel fai moitas preguntas porque quere saber máissobre o tema, xa que está moi interesado porque este verán vai ir de vacacións a Londres.
É un tipo de motivación intrínseca na que busca aprender algo útil, xa que lle servirá paradiferenciar correctamente os medios de transporte cando vaia de viaxe, ou para falar con alguén de fala inglesa.
INDICADOR: Amosa interese por coñecer aspectos da lingua e cultura estranxeira.
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Actividad1
  • Actividad1
  • Actividad1
  • actividad1
  • actividad1
  • actividad1
  • Actividad1
  • Actividad1

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS