Análisis Campaña Electoral Pp En Pontevedra (Gallego))

Páginas: 7 (1645 palabras) Publicado: 15 de abril de 2012
ANÁLISE DA CAMPAÑA CARA O 20N PARA O PARTIDO POPULAR DE PONTEVEDRATrala revisión da análise de medios feita na pasada campaña electoral ás eleccións xerais do 20 de novembro, na que nos centramos na candidatura do PP pola provincia de Pontevedra , extraéronse algunhas conclusións interesantes:
Esta campaña foi un tanto anómala respecto as anteriores: o Partido Popular contaba cunha ampla vantaxenas sondaxes, o que lle permitía ter unha actitude conservadora e non arriscar,; tiña suficiente con resistir os embates dos socialistas e do resto dos partidos..
Aínda así, cumpriu cos seus fieis programando unha campaña na que cubriu todo o territorio. Na provincia, realizáronse actos en tódalas comarcas, centrándose, como é lóxico, nas principais entidades de poboación.
Distribuciónxeográfica dos actos de campañaPontevedra é unha provincia de tamaño medio (sobre o millón de habitantes) que se distribúe demograficamente entorno a dous polos urbanos Vigo e Pontevedra, que concentran o 40 % da poboación. As súas áreas metropolitanas e de influencia supoñen máis do 75% dos habitantes da provincia.
É lóxico, polo tanto, que a campaña se centre neses dous puntos. Como se aprecia nográfico os actos de Ana Pastor, Feijóo, Rajoy e compañía concentran os actos neses puntos sabéndoos decisivos para o resultado electoral.
Do mesmo xeito, o partido conservador tivo a necesidade de reafirmarse en concellos recentemente conquistados nas últimas municipais (En maio deste mesmo ano). Nestas localidades, como Cangas, O Porriño ou Salceda de Caselas o número de actos supera con moito o seupeso demográfico. Con isto preténdese, ademais de consolidar o voto, dotar de relevancia aos alcaldes dentro do aparato do partido e de cara á opinión pública en xeral, pola conseguinte aparición nos medios.
Cangas, xunto con Lalín e O Porriño, virían a ser as vilas representativas das do resto da provincia. A parte de ser localidades dun tamaño medio (20.000 – 30.000 habitantes) son polos deatracción dentro das súas comarcas e teñen características propias do seu entorno que lle permiten representar ao mesmo.
Cangas é unha vila costeiras cun sector marítimo moi desenrolado e cun sector turístico incipiente.
Lalín é o polo de desenvolvemento do interior pontevedrés, centrado na a agricultura e o sector gandeiro.
O Porriño é o concello industrial de referencia en Galicia,aproveitando a súa proximidade a Vigo ten unha implantación de empresas secundarias e terciarias moi destacable.
De entre os 15 primeiros concellos en canto a poboación cabe destacar a presenza de actos en todas eles, excepto en 2: A Estrada e Nigrán. A explicación é ben distinta:
O primeiro municipio é, segundo os resultados obtidos nas eleccións municipais, o concello máis grande da provincia no que oPartido socialista foi a forza máis votada. Trátase por tanto dun territorio “hostil” dentro do que, seguindo a campaña conservadora e de perfil baixo que fixo o PP, non interesa visitar.
Na segunda localidade a explicación pode ser un pouco máis complexa. Podería pasar polo feito de que na anterior lexislatura (a finais de 2006), o alcalde popular de Nigrán e gran parte do seu equipo de gobernoforon imputados nun caso de corrupción urbanística. Ao Partido Popular, seguindo o comentado anteriormente, non lle convén reavivar eses recordos. Omitir esta localidade do seu percorrido de campaña é unha boa solución para iso.
Distribución cronolóxica dos actos de campañaA nosa análise dos actos de campaña (que vai do 26 de outubro ao 19 de novembro) poderíase dividir cronoloxicamente en tresetapas ben diferenciadas:
A primeira delas ocupa o período de pre-campaña (26 de outubro a 3 de novembro). A principal candidata céntrase en Pontevedra (cidade que visita ata en 3 ocasións neste curto espazo de tempo), e nas vilas-medias tipo (Cangas, Lalín e O Porriño). Ana Pastor adícase nestes actos a darse a coñecer e a difundir as liñas mestras do que serán posteriormente as súas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Analisis Semiologico De Una Campaña Electoral
  • Análisis De La Campaña Electoral Del Pp En Las Elecciones Generales 2011
  • Análisis semiotico (campaña electoral henrique capriles radonski)
  • campaña electoral
  • Campañas Electorales
  • Campañas electorales
  • Campañas Electorales
  • ¿Qué es una campaña electoral

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS