Antiguo régimen

Páginas: 5 (1193 palabras) Publicado: 4 de diciembre de 2013
O ANTIGO RÉXIME
Os revolucionarios franceses son os que
denominan con este termo ás formas políticas
económicas e sociais anteriores ao réxime
revolucionario.
As características que o definen son: a
monarquía absoluta na que o rei ten a
soberanía e controla todos os poderes; a
economía agraria de subsistencia, que segue
a manter o sistema de relación señorial
medieval entre os donos daterra e os
campesiños; e a sociedade estamental na que
os valores aristocráticos e relixiosos se constitúen o modelo social .
No século XVIII os ilustrados critican o atraso económico e as malas condicións de
vida da maioría da poboación e fan responsables da situación aos gobernos e á
Igrexa.Tamén pensan que a educación debe xogar un papel importante no proceso,
tanto no cambio dementalidade da xente como na modernización da economía, e
reclaman dereitos para a maioría social.
As monarquías reaccionan incorporando ilustrados aos seus gabinetes, deixando que
fagan proxectos e promovendo aquelas reformas que non resten soberanía e
autoridade aos monarcas. Pero os grupos privilexiados non están dispostos a ceder a
estas pretensións.

España nese tempo
Desde a época dos ReisCatólicos, os territorios
da coroa española estaban estendidos polo
continente europeo, África, América e Asia. Baixo
a dinastía dos Austria existiu unha diversidade
xurídica e administrativa na que os distintos
territorios se rexían por leis diferentes, algúns
tiñan privilexios especiais; outros aínda seguían
baixo xurisdición nobiliaria ou eclesiástica.
As actividades agrarias eran a baseeconómica
desta sociedade e nelas traballaba a maioría da poboación. Os propietarios das terras
eran os nobres, os eclesiásticos e os concellos e moitas desas terras estaban
sometidas a vínculo (mans mortas, morgados). Moitas destas terras e as xentes que
as traballaban estaban sometidas ao réxime señorial medieval e o dono exercía sobre
elas xustiza e administración.
A sociedade estabaorganizada en estamentos: os nobres e os eclesiásticos eran os
grupos privilexiados e tiñan prerrogativas legais e políticas; todos os demais estaban
sometidos ao pago de impostos segundo o seu nivel de riqueza. O modelo social que
se perseguía por parte dos mais ricos era chegar a ser nobre e gozar de privilexios.

1

A Igrexa católica era nese tempo a institución mais influinte na vida dasxentes e
controlaba a moral pública e a práctica relixiosa, perseguindo as desviacións a través
da Inquisición.
A maioría da poboación era analfabeta e mesmo entre a nobreza se advertía pouca
preocupación pola cultura.

A chegada da dinastía borbónica
Cando Carlos II, o último rei da dinastía
Austria, morre no ano 1700 sen
descendencia xorde entre os países
europeos o medo a que se altereo
equilibrio de forzas porque a herdanza da
coroa española podía volver a unir a
Austria e España, ou orixinar unha unión
con Francia. Que era o país mais
poderoso de Europa nese tempo.
Así as cousas, desencadease unha
guerra
de
sucesión
entre
dous
pretendentes ao trono: un Borbon e un
Austria. Os estados europeos póñense a carón dun ou doutro. Tamén os diferentes
estados unidosbaixo a Coroa española se dividen nos seus apoios: Castela, Navarra
e os territorios vascos apoian ao francés, mentres Cataluña, Aragón, Valencia e
Baleares se poñen do lado do austríaco.
O problema resólveno os países europeos que acaban pactando para que o
pretendente francés ocupe o trono, a cambio de territorios e privilexios concedidos
pola Coroa española.Pero a loita continúa no interiordo territorio e os estados inimigos
serán castigados pola política do novo rei.

Absolutismo e centralismo
O novo rei, Filipe V, acomete a centralización do Estado
sometendo aos territorios da Coroa de
Aragón ás leis de Castela que lle
outorgaban mais autoridade ao monarca.
A idea é trasladar o modelo absolutista
francés, no que o Rei tiña a soberanía e
concentraba todos os poderes, a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • ANTIGUO REGIMEN
  • Antiguo regimen
  • Antiguo regimen
  • ANTIGUO REGIMEN
  • El Antiguo Régimen
  • Antiguo Regimen
  • Antiguo Régimen
  • Antiguo Régimen

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS