Antropologia

Páginas: 9 (2139 palabras) Publicado: 12 de mayo de 2015
Antropoloxía,
ORDEN
Lenda 1:
Lenda 2:
Lenda 3:
Lenda 4:
Lenda 5:
Lenda 6:
Lenda 7:

30 de outubro.

Baby Blue
Mamá
A pulseira negra
Bloody Mary
A lavandeira da noite
Caramelos envelenados
Experimento ruso do sono
(Sobre 5 minutos cada unha)

AMBIENTACIÓN
No centro da biblioteca (narradores), público arredor e os personaxes van entrando.
Luces apagadas, luz tenue, veliñas, intentar imitar osambientes de cada lenda.

SON
Jose encargado. Altofalantes.

NARRADORES:
Álex: Baby Blue, A pulseira negra e Experimento ruso do sono.
Lucía Varela: Mamá, A lavandeira da noite e Caramelos envelenados.
Andrea: Bloody Mary.

BABY BLUE

Álex

Imos comezar esta hora dando as pautas para poder xogar a este xogo que, a ver se
algún se atreve a probar esta noite, pois é ben sinxelo.
Imos aló co xogo!
Paraxogar ao Baby Blue precisades estar nun baño sen ventás e de noite. Apaade
todas todas as luces, tanto que non sexades nin capaces de vervos a vós mesmos.
Despois tedes que pechar a porta e abrir a billa de auga quente e esperar ata que o
vapor empañe por completo o espello.
Entón, co dedo, escribides nese espello “Baby Blue”.
Acto seguido, xuntade os vosos brazos coma se sostivésedes un bebé nelese esperade.
Se o fixestes ben, comezaredes a notar como vos pesan, como se realmente
estivésedes suxeitando un bebé. En breves sentiredes unha man fría e pequena que
vos irá tocando os brazos e a cara. Inda que non poidades velo, sentiredes como
intenta trepar polo voso peito, como se quixese vervos a cara.
Antes de que sexa demasiado tarde, debedes soltar ao bebé, abrir a porta do baño e
prendertodas as luces que poidades, de modo que o espectro se desmaterialize. Se
non o fixestes rápido e ben, aparecerá unha muller no espello e berraravos:
“Devolvédeme ao meu bebé!”. E berrará de tal maneira que o cristal do espello
romperá en mil anacos, e que non se vos ocurra volver coller o bebé, porque entón
sairá do espello… Directamente a por vós!!

(Prego: actor 1; Jose: música; Dani Cabo:actor 2; Adrián: actor 3)

MAMÁ

Lucía Varela

Esta lenda conta a terrible historia dun home pobre que tivo dúas fillas, e como non
tiña con que alimentalas, decidiu matalas. Tirounas por un terraplén, pero as cativas
sobreviviron e quedaron abandonadas nunha cabana. Un espírito decidiu facer de
nai para elas. Tanto se preocupaba polas pequenas, que estas acabaron creando
certa dependencia haciaelas, igual que un fillo o fai hacia súa nai.
Un día, por sorte ou por desgraza, uns cazadores topáronse con elas e decidiron
levarllas ao irmán de seu pai, onde as acolleron e as levaron a unha casa nova para
instalarse e axudarlles a adaptarse á vida humana, ata agora descoñecida para elas.
A menor das irmáns non conseguía adaptarse a aquela vida chea de rutinas e
quefaceres, e o espírito quecoidara delas aparecía constantemente na casa para
cerciorarse de que estaban ben, pero sentía moita envexa dos tíos das rapazas, pois
para ela, aquelas rapazas, foran súas fillas, e quixéralles como tal.
A pantasma, á que as rapazas chamaban “Mamá” colleu as rapazas e levounas a un
cantil, onde perdera a súa verdadeira filla. Cando os tíos conseguiron chegar alí, a
maior decidiu seguir con eles, coasúa vida humana. Pero a pequeña prefiriu
arroxarse ao cantil coa que ela coñecía como nai.
Dende ese día, a xente daquel lugar conta que todos os rapaces que se achegan a
aquel cantil aparece “Mamá” para levalos con ela e telos sempre ao seu carón.

(Cristina: nena 1; Lara: nena 2; María Mato: nena 2)

A PULSEIRA NEGRA

Álex

Según conta esta lenda urbana, nalgúns hospitais de Estados Unidosempregan unhas
pulseiras de cor nera para marcar a hora na que faleceu unha persoa e cal foi o
motivo da súa morte.
Unha noite tocoulle a Thomas, o médico máis xove do hospital quedar de garda e
xustamente esa noite houbera moito traballo no hospital, tanto que tivo que
encargarse dunha paciente sen o respaldo que adoitaba ter doutro doutor. Loitou
pola vida dunha rapaza que rondaría os 22 anos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Antropologia
  • Antropologia
  • Antropologia
  • Antropologia
  • Antropologia
  • Antropologia
  • Antropologia
  • Antropología

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS