Antropoloxía platónica

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 6 (1268 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 9 de febrero de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
Toma o texto seguinte como referencia.

“-Considera agora a cuestión tendo en conta o que, unha vez que se xuntan alma e corpo nun só ser; a natureza prescribe a este o servir e o ser mandado, e a aquela en cambio o mandar e o se-la súa dona. Segundo isto tamén, ¿cal destas dúas atribucións che parecen máis semellantes ó divino e cal ó mortal? ¿Non estimas que o divino é apto por naturezapara mandar e dirixir, e o mortal para ser mandado e servir?
-Tal é polo menos o meu parecer.
-Pois ben, ¿a cal das dúas semella a alma?
-Evidente é, Sócrates, que a alma se asemella ó divino e o corpo ó mortal.
-Considera agora, Cebes –proseguiu-, se de todo o dito nos resulta que é o divino, inmortal, intelixible, uniforme, indisoluble e que sempre se presenta enidentidade consigo mesmo e de igual maneira, o que máis se asemella a alma, e se, polo contrario, é o humano, mortal, multiforme, inintelixible, disoluble e o que nunca se presenta en identidade consigo mesmo, ou que, á súa vez, se asemella máis o corpo, ¿podemos dicir contra isto outra cousa para demostrar que non é así?
-Non podemos.
-E entón, ¿que?; estando así as cousas, ¿non llecorresponde ó corpo o disolverse prontamente e á alma, polo contrario, o ser completamente indisoluble, ou o aproximarse a ese estado?
-¡Como non!”PLATÓN, Fedón, 80

Na corrección da composición terase en conta o seguinte:
-O nivel de redacción axeitado
-Claridade na exposición das ideas ou contidos
-O emprego de conceptos e vocabulario filosófico (definindo cando fose adecuado)--Contidos: a continuación sinálanse, resumidamente, os contidos que teñen que figurar na composición, e están agrupados en torno aos puntos de vista cos que suxerimos abordar a composición do tema.
Sinalar as propostas, teses, problemas... fundamentais do pensamento do autor.
Relacionar o contido do texto coas ideas principais do autor

En consecuencia co texto haberá que desenvolver asseguintes cuestións.

Filosofía ou pensamento propio do autor con respecto a cuestión a tratar, neste caso o seguinte:
-explicar a concepción do home como composto de corpo e alma (dualismo antropolóxico)
-enumerar e explicar as características da alma expostas no texto e sinalar a división en tres partes que fai da mesma e as súas características.
-enumerar e explicar os tres argumentos que dásobre a inmortalidade da alma

EXEMPLO:
No texto Platón expresa a súa concepción do home como composto de corpo e alma, sendo a alma inmortal, mentres que o corpo é mortal. Tamén, expresa o texto o carácter superior da alma fronte ó corpo e as características da alma en contraposición ás do corpo.
Platón defende un dualismo antropolóxico: o home está composto de corpo e alma.Platón acepta aexistencia da alma (orfismo). Con esta formulación Platón establece unha dicotomía entre alma e corpo (entre o espiritualismo e o materialismo), non existe unha concepción unitaria do home. A alma é superior, pertence ao mundo das ideas, a alma é inmortal
As características da alma son as mesmas ca das ideas (inmaterial, eterna, intelixible, inmutable, indisoluble, indivisible-universal) que no casoda alma son: divino, inmortal, intelixible, uniforme, indisoluble e identidade
Platón defende a existencia de varias clases de alma (partes dunha mesma alma? calidades da mesma alma?). As partes ou clases de alma representan distintos aspectos das actividades psicolóxicas do home que loitan entre si.
As partes son:
- Racional: Intelectual ou espiritual, é a parte máis nobre, é de naturezadivina, representa o puro pensar, a contemplación da verdade. Reside no cerebro, é inmortal. É a alma que lle corresponde aos filósofos, e a virtude asociada é a prudencia ou sabedoría.
- Irascible: É unha parte boa, pero menos nobre que a anterior. É a orixe de paixóns nobres como o valor, a esperanza, a ambición... É inseparable do corpo, polo que é mortal. Reside no tórax, corresponde aos...
tracking img