Antropoloxía cultural galiza

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 5 (1126 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 6 de junio de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
Traballo

de

Antropoloxía

Cultural

por: Adrián Clavo Román

Este traballo consiste en primeiro lugar nunha recopilación de textos da nosa literatura popular, isto é, daquelas formas de expresión en contos, lendas, refráns cantigas, etc. que chegan ata os nosos días e ata as páxinas dos nosos libros soamente despois de pasar por un proceso de "boca a boca" ou de transmisión oral. Acaracterística dun fenomeno tal é principalmente a espontaneidade coa que surxe este tipo de literatura reflectindo, plasmando, expresando e se podería decir tamén que facendo eterna, a conciencia colectiva dunhas persoas que interactúan co seu entorno, e que están caracterizadas por ter, en maior ou menor medida, unhas formas de vida, pensar, actuar... comúns que, precisamente, é a que estapresente nesta literatura.

A diferenza da obra elaborada conscientemente e reflexionada, esta nembargantes, "surxe", sen máis -como xa dixen- e nas súas lineas están presentes, aínda que non directamente, a estructura dunha sociedade nos seus máis diversos ámbitos. Pero esta información que entre as diversas líneas dos parágrafos nos chega non é unha información elaborada a conciencia polo autor ouautores, nunca se sabe, xa que o emisor pretende transmitir outro tipo de información, por iso, quizáis onde antes dixen conciencia colectiva debería decir máis ben, a inconsciencia colectiva.

Ata aquí o traballo etnográfico (a recopilación). A segunda parte deste traballo antropolóxico é o de descifrar esta información, facer latente o que se atopa agochado entre as líneas, conseguir a clavepara desnudar unha sociedade e unha cultura a partir duns refráns, cantares, etc. Entón comeza o traballo etnolóxico.

Esta parte é sumamente importante á par que interesante. O feito de que a partir dunha cantiga popular poidamos descubrir, por exemplo, o comportamento dunha institución tan importante na sociedade rural galega como é a iglesia, manifesta a importancia deste tipo de investigacións.O antropólogo debe ser coma un cerraxeiro, que sepa abrir a porta trala cual se atopa a información que busca.

Detrás deste tipo de traballo, na súa base, hai unha teoría relativista. O que fai posible a existencia destes traballos é o feito de que os seres humanos transmitimos información sen darnos conta, que, aínda que non nos demos de conta, estamos suxeitos a un contexto ou a un entornoque actua sobre nós e, en certa medida nos determina. E sobre isto traballamos nós, sobre unha entorno que determina a uns individuos que sen darse conta transmiten a información sobre este.

A sociedade galega e especialmente fecunda para este propósito, pois ten unha grande tradición oral, ésta atópase en moitos ámbitos da súa vida, dende o moceo ata os traballos de axuda mutua. Aquí van algúnsexemplos:

O cura da miña parroquia
ten a pirola raxada,
que a raxou nunha silveira
cando fodía á criada.

O cura da miña parroquia
xa non precisa mercar nada
agora que lle morreu mula
tan so fode ca criada.

Abondan no folclore as líneas dedicadas aos curas. A maioría falan, como estas, das relacións sexuais que manten o cura da parroquia ou da poca fame que pasa, en contra doseu deber cristián. Así esta visión da xente de "a pé" que é de onde brotan estes versos ten unha visión dos curas que pouco coincide coa oficial.
A autoridade eclesiastica, permitíase uns luxos (como toda autoridade) que non podían permitirse as demáis xentes. A iglesia na sociedade galega, ademáis de ter un papel simbólico especial, funcionaba como un mecanismo para garantir a estabilidadesocial e os menos favorecidos "denuncian" en desta forma os seu comportamento.

Pousa, pousa
Fun a taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire
e como é cousa de encantamento
fun polo aire, vin polo vento

E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa, pousa axiña
e non me toques naquela cousiña.

Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas...
tracking img