Apuntes Educaci N F Sica

Páginas: 15 (3516 palabras) Publicado: 12 de mayo de 2015
CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDE 4º ESO
QUECEMENTO
O quecemento é o conxunto de actividades previas ao adestramento e/ou competición, que ten
como finalidade preparar á persoa para o esforzo que vai realizar posteriormente.
Efectos do quecemento
O quecemento activa progresivamente os sistemas funcionais do organismo, para preparalos para
o esforzo posterior:
1. Sistema cardiovascular: O corazón comeza alatexar máis apresa enviando máis sangue aos
músculos.
2. Sistema respiratorio: Os pulmóns captan máis osíxeno, o cal é necesario para o exercicio.
3. Sistema músculo-esquelético: Aumenta a temperatura nos músculos e articulacións, facilitando os
seus movementos.
4. Sistema nervioso: Mellora a coordinación, a atención e a concentración
Fases do quecemento.
O quecemento ten dúas fases principais:a) Quecemento xeral: O seu obxectivo é a estimulación xeral do organismo, polo que a parte xeral do
quecemento pode ser a mesma para todos os deportes. Fanse exercicios e/ou xogos de carácter xeral nos
que se utilicen todas as articulacións e grupos musculares. A intensidade é suave ao comezo e moderada
ao final do quencemento xeral. Dentro do quecemento xeral deben realizarse 4 tipos deactividades, na
seguinte orde:
1. Desprazamentos suaves, para aumentar a temperatura corporal e empezar a suar.
2. Mobilidade articular: Para aumentar a temperatura local de cada articulación e así preparala
para o esforzo posterior.
3. Estiramentos curtos (6 segundos) e suaves (sen apenas molestia) para aumentar a elasticidade
dos músculos e previr lesións musculares
4. Exercicios de forza, para aumentar atemperatura muscular e mellorar a súa coordinación e a
súa capacidade de contracción
5. Xogos ou exercicios máis intensos: Progresivos, velocidade ou cambios de ritmo
b) Quecemento específico: O seu obxectivo é a adaptación do organismo ás características especiais da
actividade posterior. Nesta fase, practícanse xestos técnicos do deporte a practicar (Por exemplo, entradas
a canastra enbaloncesto ou pases en balonmán) pero cunha intensidade menor.



Pautas para o desenvolvemento do quecemento
Duración: un quencemento correcto non debe durar menos de 15-20 minutos; non obstante, en clase
(por falta de tempo) reducímolo a 5-10 minutos.
Intensidade e progresión: Ao comezo a intensidade será baixa e irémola subindo de forma suave. A
intensidade idónea é a que nos mantén unha frecuenciacardíaca de 120 pulsacións

DIRECCIÓN DO QUECEMENTO XERAL NUNHA CLASE
Este trimestre debes dirixir o quecemento xeral nunha sesión de E.F. Coma vos dixen, o faredes
por orde de lista e debedes telo preparado cando lle toque ao compañeiro que vai na lista xuntos antes que
vos porque, se faltase a clase ese día, tocaríalle ao seguinte.
Podes utilizar tanto as actividades feitas na clase comocalesqueira outras sempre que sexan
axeitadas para o quecemento.

SISTEMAS ORGÁNICOS
1. Sistema respiratorio.
Está formado por boca, nariz, tráquea, bronquios e pulmóns. O asma provoca broncoconstricción,
diminuíndo a cantidade de aire que pasa polos bronquios, pero a actividade física axuda a diminuír esta
broncoconstricción.
Nos pulmóns, o aire chega aos alveolos, onde o osíxeno pasa dos pulmóns aosangue e o dióxido
de carbono pasa do sangue aos pulmóns para ser expulsado. Durante o esforzo físico, o organismo precisa
moito máis osíxeno, polo que aumenta o volumen e a frecuencia respiratoria (máis respiracións por
minuto e máis ár en cada respiración), xunto coa capacidade dos alvéolos pulmonares para ceder o
osíxeno ao sangue.
2. Sistema cardiovascular
Constituído polo corazón, o sangue e osistema arterial e venoso. Como durante o esforzo físico se
necesita máis enerxía, aumenta a frecuencia cardíaca e se modifica o percorrido do sangue, aumentando o
seu fluxo á musculatura activa e diminuíndo o fluxo sanguíneo a riles e intestinos, polo que non se debe
practicar exercicio durante a dixestión (1-3 horas tras comida abundante)
3. Aparato locomotor
Está formado por:
• Sistema...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Educaci N F Sica
  • EDUCACI N F SICA
  • Educaci N F Sica
  • Educaci n f sica
  • EDUCACI N F SICA
  • Educaci N F Sica
  • Educaci N F Sica
  • Educaci N F Sica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS