Arte

Páginas: 17 (4011 palabras) Publicado: 10 de mayo de 2012
ARTE PALEOCRISTIÁ
1. DEFINICIÓN E ETAPAS
É a arte dos primeiros momentos do cristianismo (dende o século III –época do Baixo Imperio Romano, cando o cristianismo estaba aínda na clandestinidade- ata o século VI). Ten 3 momentos diferenciados:
1) ETAPA PRECONSTANTINIANA: Dende a penetración do cristianismo no Imperio Romano ata a promulgación do Edito de Milán no 313 (declaración deliberdade de cultos). Nesta etapa a igrexa cristiá estivo perseguida polo feito de negar a divindade do emperador, algo que atacaba de cheo a base do sistema de pensamento do Imperio Romano. As súas manifestacións artísticas son segredas e pouco desarrolladas.

2) ETAPA CONSTANTINIANA: Coincide máis ou menos coa etapa de goberno do emperador Constantino (fillo de Santa Helena –a quen se lleatribúe o descubrimento da cruz- e defensor dos cristiáns). Co Edicto de Milán a igrexa cristiá adquiriu dereito a manifestarse publicamente, e os cristiáns son autorizados a construír lugares de culto.

3) ETAPA POSTCONSTANTINIANA: Dende o 350-360 ata o século V (en Occidente podémolo facer coincidir coa chegada dos bárbaros). Destaca nesta etapa a adopción do cristianismo como relixión oficial doImperio (Teodosio, finais século IV)
A arte paleocristián é unha ponte entre dúas culturas: a clásica da Antigüidade e a cristiá medieval. A súa fin era estritamente relixiosa: representación da verdade espiritual en detrimento da verdade física, era unha arte anticlásica con sentido simbólico, expresivo e carácter didáctico.
Dende a súa aparición (no século II o cristianismo xa se atopaplenamente asentado en Roma procedente do Próximo Oriente), ao non participar da adoración ao emperador, e o seu desarrollo entre as clases máis humildes como os escravos, que viron nela unha esperanza de igualdade (relixión aberta a todos, todos poden ser bautizados sen ter en conta condicionantes económicos, políticos, raza, lingua….), influíron en que fose considerada como unha ameaza para o ImperioRomano e que os seus seguidores foran perseguidos.
2. AS CATACUMBAS
Durante o período da igrexa perseguida non se puideron levantar igrexas de maneira que o culto cristiá se desenvolvía en casas particulares que tiñan algunhas estancias reservadas para o oficio: unha sala grande cunha mesa como altar, outra menor para celebrar bautismos… A estas casas chámanselles DOMUS ECCLESIAE, sendo unexemplo a casa Dura Europos. Destacan tamén nesta época de persecución os cemiterios cristiáns (no mundo romano predominaba a cremación mentras que no cristiá pola crenza na resurrección apostouse pola inhumación) chamados CATACUMBAS. Situados nas aforas da cidade, son cementerios subterráneos. Desarrolanse en profundidade xa que o espazo destes non era público senón donado por algún cristiá rico. Alimitación de terreo fai que non se extendan en superficie senón en profundidade. Así pois as catacumbas estaban formadas por varias prantas comunicadas por escaleiras formando laberintos axeitados para fuxir no caso da entrada de soldados romanos. Os nichos (loculis) situábanse a ambos lados das estreitas galerías. Para identificar ao enterrado poñíase unha inscripción chamada tabulae. Osmártires ou persoas máis importantes enterrabanse en pequenos recintos formados aproveitando o fondo das galerías, aos que se chama cubiculum e tamén había arcosolium que con pintura figurativa simulaban arquitectura –arco e sarcófago- e representaban a porta de paso ao ceo.
3. ICONOGRAFÍA PALEOCRISTIÁ
O cristianismo naceu no mundo romano vinculado á tradición xudaica anicónica, que rexeitou arepresentación de Deus e dos personaxes da Historia Sagrada. Logo, a nova doutrina asimilou a cultura clásica para a expresión dos contidos, e a beleza aceptouse como forma de elevar a alma e estimular a vida interior e a fe, polo que o paleocristiana é unha arte simbólica.
A decoración das catacumbas é fundamental pictórica e de gran sinxeleza. Nun primeiro momento o artista cristiá limitase a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • arte por arte
  • DE TU ARTE A MI ARTE
  • arte o no arte
  • Arte
  • Arte
  • Arte
  • Arte
  • Arte

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS