As rulas de Bakunin

Páginas: 7 (1506 palabras) Publicado: 17 de febrero de 2014

AS RULAS DE BAKUNIN

Antón Riveiro Coello








ÍNDICE
Introdución……………………………………………………………………………………………………………….…………………………………3
Tema……...………...………………………………………………………………………………………………………….……………………………..3
Argumento…………………………………………………………………………………………………………………………………………………..3
Narrador, espazo e tempo………………………………………………………………………………………………….………………….3 e 4Personaxes…………………………………………………………………………………………………………………………………….……….4 e 5
Conclusión……………………………………………………………………………………………………………………………………………………5
Biliografía…………………………………………………………………………………………………………………………………………………….6

INTRODUCIÓN
Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) é escritor de lingua galega. Entre as súas obras narrativas destacan Os ollos de K, Laura no deserto e As rulas de Bakunin. Esta última, de carácter histórico e editada no ano 2000, foi merecedora do Premio García Barros do ano2000.
TEMA
Narración retrospectiva da vida de Camilo Sabio Doldán dende que era cativo ata a súa vellez.
ARGUMENTO
Camilo Sabio Doldán é un vello anarquista que viviu nos momentos máis críticos de España, presenciando a guerra, o cárcere e o exilio. Xa durante a vellez, recibe a noticia de que o libro que tivera que memorizar a vida ou morte para poder saír do cárcere está en Santiago deCompostela e que o posúe un home cuxas iniciais son A.D.B.. Aproveita a saída da súa filla Branca e o seu neto Lázaro cara Barcelona (onde van a operar ao seu neto) para ir en busca do libro. Alí coincide con Dalmiro Ferreiro, un exfuncionario do cárcere da Coruña na que estivo Camilo e observa como un home de idade maior e cun buzo azul o persegue recitando os capítulos do libro que el buscaba. Nunacto de valentía, peta na porta do home de azul e decátanse de que foran compañeiros de cárcere na Coruña e que era Andrés Díaz (o vello tolo do buzo azul) o que conservara o libro.
NARRADOR, ESPAZO E TEMPO
A historia é narrada a través de dous narradores diferentes: 1ª persoa ou 3ª persoa omnisciente; dependendo da situación da que se está a falar.
O eixe central da historia é a vida de Camiloe está dividido en épocas: durante a Guerra Civil española, a Segunda República, o franquismo e o presente (trátase da vellez do protagonista). Estas épocas non están ordenadas segundo a cronoloxía: sáltase dun espazo e tempo a outro (flashback).
As diferentes situacións cronolóxicas e espaciais son:
Cartas que escribe á súa muller: cando xa hai cinco anos que faleceu. Trátase da última etapa davida do protagonista. Nelas recorda todos os espazos que se nomean na historia co propósito de revivir as lembranzas. O narrador e o propio protagonista.

Camilo no presente: vive en Celas coa súa filla Branca e co seu neto Lázaro. O narrador é en 1ª persoa (el mesmo). Neste contexto é cando vai a Santiago de Compostela polo libro.

Camilo cando é un neno e mozo: hai dous tipos denarradores, de 1ª persoa e de 3ª omnisciente. Aquí lembra os anos que pasa coa tía Lola, cando vai á escola e cando coñece a Rosalía.

A vida de Estevo, o avó: fala en terceira persoa. Comenta que o seu avó naceu nun barco no océano Atlántico e que emigrou a Arxentina.

Camilo no cárcere: aquí falase en primeira persoa. O protagonista era xoven (primeiros anos despois da adolescencia). Revívese asituación do protagonista e o modo de saír da cárcere. Alí coñece a varios personaxes con igualdades en canto á ideoloxía.

Vida de Camilo en Montevideo: fálase en 1ª persoa. Aquí Camilo ten sobre 30 anos. Camilo e Rosalía emigran a Montevideo sen a súa filla Branca (queda coa nai de Camilo). Relátase a vida cotiá alí (cando vai á universidade, traballo, etc.) e cando teñen que volver porque a nai deCamilo está enferma.

Carta de Santi Noreste: a carta vai dirixida a Camilo mentres que está no cárcere da Coruña. Aquí o narrador é o propio Santi.
PERSONAXES
Rosalía: muller de Camilo, morreu fai 5 anos de cancro. Tiña os ollos azuis. Camilo e Rosalía coñecéronse a través da tía Lola, ela ía todos os días a coser. Durante as...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • AS RULAS DE BAKUNIN
  • As rulas de Bakunin
  • As rulas de bakunin
  • Resumen As Rulas De Bakunin
  • As Rulas De Bakunin
  • Rulas De Bakunin 2
  • rulas de bakunin
  • As Rulas de Bakunin

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS