As Rulas de Bakunin - Antón Riveiro Coello (Resumen trama ordenada)

Páginas: 11 (2629 palabras) Publicado: 17 de noviembre de 2014
Estevo Doldán Patiño nace en alta mar, camiño de Arxentina. Estuda en Bos Aires e alí un italiano ensínalle a tocar a guitarra e fálalle de Bakunin e as súas ideas libertarias. Lee a Proudhon e faise anarquista. Traballou de tipógrafo nun diario anarquista “La protesta humana”, e publicaba artigos baixo o nome de Anselmo Sendón. Viviu con Cristal e tiveron unha filla á que chamaron Nora, porunha novela de Ibsen. Por culpa dun empregado, a falsa identidade de Anselmo Sendón queda ó descuberto, e por tanto Estevo, Cristal, a súa filla Nora de 10 anos e o seu pai (o de Estevo), pola Lei de Residencia, volven a Galiza. Dous días despois do seu regreso, o pai de Estevo morre.

Estevo era ben querido polos habitantes de Celas, pero ó único ó que non lle gustaba esta parella americana(Estevo e Cristal) era ó cura Manuel Andión. Estevo sempre levaba consigo o seu libro e a súa guitarra, ensinaba ós máis mozos a ler, lía o seu libro a aqueles que lles interesaba,.. Pouco a pouco, Estevo e Cristal fóronlle metendo na cabeza a moita xente as súas ideas revolucionarias e isto precisamente era o que non lle gustaba ó cura, xa que moita xente deixara de ir á misa. Camilo, fillo de Brancae, por tanto, o seu neto, non entendía como o seu avó, cun aire burgués e ademais sendo máis intelixente ca don Xesús, limpaba a louza, cociñaba,... Cando se implantou a Ditadura de Primo de Rivera, o cura aproveitou esta ocasión para presentar unha denuncia en contra de Estevo.

Un día, cando Camilo acabara de cumprir os 11 anos, o avó Estevo atopábase no medio dunha muiñada no Rexedoiro lendo oseu libro, e uns gardas civís, achegáronse para levalo consigo. O avó non quixo preocupar ó seu neto, así que agarrou o abrigo, ía frío fóra, e púxose o sombreiro. Deulle o libro e a guitarra ó seu neto, e foi con eles.
Cando chegou á casa viu como a súa nai e a súa avoa choraban. Foi ó cuarto e esa noite non durmiu pensando como podía vingar a morte de seu avó, posto que sabía perfectamente quena detención do seu avó o cura Manuel Andión tiña algo que ver.
Despois duns días comunican que Estevo Doldán Patiño, por mor dunha pulmonía que collera no cárcere (segundo indicou o forense) provocoulle á morte. Houbo un enterro ó que asistiu moita xente vida de A Coruña, nunha cerimonia laica e sen curas.
Eran as catro da mañá e Camilo xa sabía como vingar a morte de seu avó. Saltou polafiestra (non o fixo pola porta da entrada porque facía moito ruído) e chegou ata a igrexa. Alí coa axuda dun misto de madeira, prendeu lume ós libros, os santos con vestimentas, ...

Ó día seguinte o seu pai díxolle a Camilo que detiveran a un home por prenderlle lume á igrexa. O seu pai traballaba na construción e tivera que afiliarse á CNT. Camilo comparaba ó seu pai co seu avó.
Un día don Xesúsdille ó seu pai, que Camilo é un neno moi intelixente e que por iso ten que ir a Vilaboa a xunto da súa tía, para poder continuar cos estudos.

Pasadas dúas semanas da morte de Estevo, Cristal non supera a morte do seu marido, e morre. Cando atopan o seu corpo, nos seus beizos repousaba un cigarro.

Camilo chega á casa da tía Lola en Vilaboa. Esta muller pasaba a vida esperando a chegada doseu noivo que fora ás Américas. Tiña un taller onde cosían e alí foi onde Camilo coñeceu a Rosalía. Ese mesmo día, don Emilio Cordero, o que sería o seu novo mestre, o leva consigo ó Ateneo e falan do seu avó Estevo como exemplo dos campesiños galegos. Logo van a casa deste, e mándalle tocar a guitarra e todos quedan abraiados do ben que o fai, e foi alí onde se formou a rondalla do AteneoLibertario de Rutis. Esa mesma tarde collen a Camilo como interior dereita no Celta de Rutis.
Espertou na súa tía un instinto maternal, posto que coidaba del con agarimo de nai. Abandonou a escola e dedicou máis tempo ó reparto dos semanarios anarquistas e participou nas manifestacións anarquistas. Un día recibiu unha carta que ía dirixida para a súa tía xunto cunha caixa. A tía non quixo abrir a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Resumen As Rulas De Bakunin
  • As rulas de Bakunin
  • Anton riveiro coello
  • AS RULAS DE BAKUNIN
  • As rulas de Bakunin
  • As rulas de bakunin
  • As Rulas De Bakunin
  • Rulas De Bakunin 2

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS