asdasda

Páginas: 3 (688 palabras) Publicado: 3 de febrero de 2015
Tema 2: Aristóteles

Crítica da doutrina platónica
Aristóteles era un bo coñecedor da filosofía que feita con anterioridade, ata o punto de que a
el débeselle a primeira recompilación dopensamento doutros autores. É de supoñer, polo
tanto, que este contacto cos pensadores anteriores deixara algún tipo de pegada na súa obra.
Así, é clara a influencia de Empédocles, de quen toma a teoría dascatro raíces ou elementos:
auga, aire, terra e lume, a partir das cales Aristóteles explica a constitución do mundo
sublunar. Pero a influencia decisiva, aquela que está na base do pensamentoaristotélico e
fronte a cal desenvólvese a súa obra, é a de Platón, de cuxa filosofía toma aspectos esenciais e
critica outros igualmente esenciais.
Se nos centramos nas discrepancias coa concepciónplatónica quizais as máis importantes
sexan as que a continuación comentamos:
1. Abandono do método dialéctico: Aristóteles rexeita a dialéctica de Platón por
considerar que o proceder dialéctico noné un proceder do necesario, tan só do
posible, e a substitúe pola demostración, cuxo esquema é o siloxismo.
2. A distinta concepción e valoración da physis: a partir dos sofistas a natureza quedararelegada como centro de atención da filosofía. Con Platón vaise aínda máis lonxe, e a
natureza (a physis, o mundo sensible) non só é relegada como obxecto de
pensamento, senón que a fai ocupar unsegundo plano na realidade, por debaixo do
mundo das Ideas nas que radica o ser, a realidade plena. Con Aristóteles a natureza
volve a ter un papel central no pensamento e ademais prodúcese unha novadefinición
do que se entende por tal (“aquilo que ten en si mesmo un principio de movemento
ou estancia”, é dicir, é natural aquilo que ten en si un principio de movemento, e non
o é o feito porobra da arte humana, nin Deus, que é inmóbil).
3. O rexeitamento da teoría das ideas: As obxeccións de Aristóteles á teoría platónica
das Ideas son basicamente de dous tipos:
a. En primeiro lugar,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Asdasd
  • Asdasd
  • asdasd
  • asdasda
  • ASdasd
  • asdasd
  • asdasdad
  • Asdasd

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS