atención a la diversidad

Páginas: 8 (1782 palabras) Publicado: 9 de febrero de 2015
3º Dossier: Concepto de Atención
a la diversidad!


Ley 8/2013, del 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa (Artículo 76)

!
DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade
do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se
imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación.Preámbulo y artículos

!
!
!
!
!
!
!
!
!
!
!
!
!

I.

!

DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

!

DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade
do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia
nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3
de maio, deeducación.

!

O Estatuto de autonomía de Galicia, no artigo 31, determina que é competencia plena
da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e a administración do ensino en toda
a súa extensión, nos seus niveis e graos, nas súas modalidades e especialidades, sen
prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o
punto primeiro do artigo 81, adesenvolvan.

!

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo I do título preliminar
establece os principios e fins do sistema educativo; entre os principios que o inspiran
destacan a calidade da educación para todo o alumnado; a equidade, a inclusión
educativa e a non discriminación; a concepción da educación ao longo de toda a vida; a
flexibilidade para adecuar a educación ádiversidade de aptitudes, intereses, expectativas
e necesidades do alumnado; a orientación educativa e profesional do estudantado; o
esforzo compartido por alumnado, nais, pais ou titores e titoras legais, profesorado,
centros, administracións, institucións e o conxunto da sociedade, e a autonomía para
establecer e adecuar as actuacións organizativas e curriculares. Mediante eses principiostrátase de conseguir o éxito escolar de todo o alumnado.

!

No propio título II da referida lei, dedicado á equidade na educación, establécese que
as administracións educativas disporán os medios necesarios para que todo o alumnado
alcance o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, asegurando
os recursos necesarios para que o alumnado que requira unha atencióneducativa
diferente á ordinaria poida acadar o máximo desenvolvemento posible das súas
capacidades, así como os obxectivos establecidos con carácter xeral para todas as
alumnas e alumnos. Igualmente, disponse que as administracións educativas
establecerán os procedementos e recursos precisos para identificar de forma temperá as
necesidades educativas específicas do alumnado. A atención integraldeberá iniciarse

desde o momento da identificación e tendo como principios a normalización e a inclusión,
e que, para facer efectivo o principio de igualdade no dereito á educación, desenvolverán
accións de carácter compensatorio en relación coas persoas, grupos e ámbitos territoriais
que se encontren en situacións desfavorables, tratando de evitar as desigualdades
derivadas de factoressociais, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou doutra
índole.

!

A diversidade, pois, é unha realidade social, e, polo tanto, unha realidade en cada centro
educativo; realidade derivada da singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural de
cada alumna e cada alumno, da singularidade de cada familia e de cada unha das
profesoras e dos profesores, tamén das particularidadesde cada centro e de cada
comunidade educativa no seu conxunto. E a resposta educativa a esa diversidade debe
concretarse en cada un dos proxectos educativos, en cada unha das ensinanzas, na
coordinación docente, na personalización da educación de cada unha das alumnas e
alumnos, nos recursos e medidas educativas, nos compromisos familiares e sociais e en
todo o que contribúa ao máximo...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • atencion a la diversidad
  • atencion a la diversidad
  • Atención a la Diversidad
  • atencion a la diversidad
  • Atencion A La Diversidad
  • Atencion a la diversidad
  • Atencion A La Diversidad
  • Atencion a la diversidad

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS